20 propostas para o 26X

9. Por unha economía inclusiva, produtiva, por unha nova política industrial

A industria galega é un sector estratéxico para a nosa economía. Os distintos gobernos do Estado e da Xunta téñena esquecido en reiteradas ocasións, deixando algunhas das comarcas máis poboadas do país, como Vigo e Ferrol, completamente marxinadas.

Queremos apostar por unha rexeneración industrial en Galicia, unha nova ooprtunidade para a industria, co obxectivo posto na xeración do emprego e na protección medioambiental.

Apoio esta propostaApoios: 146

Fai a túa achega:
  • CARLOS TOUZA GARCIA

    e tamén aposto polo telemarketing e obrigar as grandes empresas a ter un servizo de atención ó cliente en galego para evitar a deslocalización de empresas a call centers de Latinoamérica ou ó resto do estado español.

  • Non é posible rexenerar a industria nun contexto de transición inevitable dun tipo de civilización industrial a un agrario (vid. Luis González Reyes, entroutros: http://www.15-15-15.org/webzine/2015/12/05/reflexiones-estrategicas-entre-cumbres-climaticas-y-elecciones-para-tiempos-de-colapso-civilizatorio/ ). O que precisamos en todo é unha reconversión profunda, abandonando aquelas industriais máis claramente insustentables e convertindo en industriais máis modestas que faciliten o tránsito civilizatorio, na liña do que propoñen Latouche, Taibo e o resto dos teóricos do Decrecemento. En paralelo cómpre asumirmos que o obxectivo de que o emprego sexa a vía para a satisfacción das necesidades de toda a poboación é inviable neste contexto e hai que pensar en novas formas de axudar á xente a sobrevivir a este colapso civilizatorio.

    • Ademais, que a industria teña como obxectivo a protección medioambiental é un contrasentido. A industria (na súa maior parte) depende da enerxía fósil, e o consumo desta é negativo para o medioambiente, comezando pola súa repercusión na emisión de gases de efecto invernadoiro e o conseguinte Caos Climático. Xosé Veiras ten escrito artigos moi reveladoras acerca da pegada climática que ten a industria galega. A protección medioambiental que precisamos é deixar de queimar carbón, petróleo e gas o antes posible. E iso implica un decrecemento na actividade industrial, queiramos ou non.

  • Acerca da “xeración de emprego”. Como ben saberedes, para crear emprego precísase un crecemento económico entorno ao 3%. Como pensades facelo se a enerxía dispoñible está a devalar, e sen crecemento do consumo enerxético non é termodinamicamente factible aumentar a produción de bens e servizos? Botádelle un ollo p.ex. aos datos nas primeiras páxinas deste documento: https://ia600305.us.archive.org/9/items/PalestraEnergia/palestra1.pdf

  • Manuel Dominguez Cuquejo

    Penso que hai que facer fincapé na rexenración industrial de Galiza en conxunto, as zonas máis desatendidas segune sendo as comarcas do interior do pais, apesar do retroceso de comarcas punteiras noutraora coma a de Ferrol Terra. Precisamos atomizar a os focos de economía e fontes de traballo, e isto inclúe a Ourense e Lugo pos suposto.

  • iagosoto

    Falta unha referencia a políticas sobre novas economías (relacionadas con internet, telecomunicacións, biotecnoloxía, etc) que son grandes xeradoras de emprego de calidade e con moita capacidade de internacionalización. Nas tres universidades hai titulacións con alumnos que normalmente acaban traballando fora de Galicia. Relacionado con esto, están as políticas para atraer inversión industrial a Galicia, onde temos certo potencial que non se aproveita (rrhh capacitados, vantaxes loxísticas, calidade de vida, seguridade xurídica, …).