20 propostas para o 26X

18. Soberanía cidadá

A cidadanía debe ser protagonista en aquelas decisións que máis lle afecten, pularemos por unha nova normativa de participación e consultas á cidadanía.

Apoio esta propostaApoios: 215

Fai a túa achega:
  • CARLOS TOUZA GARCIA

    Quero que os ciudadáns decidan a nivel estatal entre república o monarquía, e a nivel nacional ( galego) autodeterminación si ou autodeterminación non.

    • Boa Noite Carlos: o fundamental é establecer o dereito a decidir. Unha vez que esta mudanza acontezca, sen dúbida pasará a ser unha forma de facer política que teña unha notable incidencia no noso marco institucional.

  • “Participación” e “consulta” non é “soberanía”. Se queredes facilitar unha auténtica soberanía cidadá camiñade na dirección que apuntaba a Grândola Galega: http://www.grandola.gal

    • Boa Noite Casdeiro: grazas pola achega, constitúe un input moi positivo para traballar sobre novos modelos de participación da cidadanía.

      • 😀 Vexo que non nos despegamos do “participacionismo” na linguaxe. Se a cidadanía “participa” quere dicir que hai alguén máis que toma as decisións, e polo tanto non hai unha soberanía completa ou real. Democracia representativa e directa son 2 polos nunha liña na que hai moi diversos graus de “participación”. A proposta que faciamos na Grândola era o máxima grau de participación, isto é: a democracia directa. Coidamos que é factible no momento actual facelo a nivel de Estado. Todo é cuestión de, con vontade política, deixar as decisións nas mans EXCLUSIVAMENTE dos e das cidadás. Sei que é moi difícil para os partidos políticos comungar con isto, mais se queremos ser coherentes co título desta proposta e co que moitas veces expresaron representantes de En Marea, hai que ser valentes e asumir esas posturas de máximos. Mágoa que non se fixera antes pois podía ter facilitado moito o proceso de confluencia.

  • Marisa

    Son partidaria da proposta do dereito a decidir sen que isto se converta posteriormente nunha trampa de quen ou como se debe elaborar dito dereito. Para min é claro que este dereito a decidir debe estar encaixado na posible reforma constitucional que parece se aproxima. Este dereito a decidir será competencia das nacións, rexións e/ou comunidades afectadas. Unha persoa con residencia en Galiza, non terá dereito a votar no referéndum sobre o dito dereito que se celebre en, p.e, Euskadi…

    • Boa Noite Marisa: para En Marea o dereito a decidir debe ser unha parte fundamental do modelo de convivencia ou das reglas do xogo para regular as relacións entre os distintos territorios dos Estado. De feito a reorganización territorial e a definición de mecanismos de participación, consulta, etc da cidadanía son elementos básicos do proceso constituínte.

  • Piñe Metralla

    O Senado non hai que eliminalo, hai que reformalo. O Senado é a cámara de representación territorial de España por comunidades. Pois ben, que así o sexa en vez de ter 258 senadores chupando de papá-estado.

    • Boa Noite Piñe: o obxectivo fundamental é que se abra un dabate sobre o papel do senado e, ou ben se converta nunha cámara de representación territorial real ou ben se elimine. O que entendemos que carece de sentido e mantelo na súa configuración actual.