20 propostas para o 26X

1. Primeiro a xente: rescatar a cidadanía

Levamos sobre as costas varios anos de axustes, de austeridade, de recortes. E todos eles foron cargados sobre a xente, non sobre as entidades bancarias e as grandes empresas. É preciso priorizar unha nova axenda social que poña ás persoas e á vida digna por diante da economía.

Unha axenda na que as leis máis inxustas, como o artigo 135 da Constitución, queden fora e sexan substituídas por novas garantías constitucionais para os dereitos máis elementais.

Apoio esta propostaApoios: 230

Fai a túa achega:
  • Mónica Montero Borrazás

    Non estou plenamente de acordo, levamos falado disto na marea.gal e o espíritu era o proceso constituínte, non abonda con devolver ó seu “estado primixenio” unha Constitución que moitas non votamos e que quedou obsoleta en moitos sentidos. En todo caso se a redacción dalgún xeito fixera mención a iso ben… pero así tal e como está, é como se deramos por sentado que por exemplo aceptamos unha monarquía, que aceptamos o actual organigrama do estado de autonomías… etc etc cando non.

    • Boa noite Mónica: dende En Marea creemos que o noso programa da resposta as túas demandas toda vez que inclúe liñas de acción que supoñen un desbordamento do marco constitucional actual. A esixencia nun novo modelo de organización territorial, a incorporación de mecanismos de participación da cidadanía (non so referénduns) ou a incorporación efectiva do dereito a decidir van nesa dirección. Certamente tamén se inclúen propostas de recuperación daqueles elementos garantidos constitucionalmente que ao longo dos anos se foron degradando, pero non só. En todo caso, asumimos que se trata dun tema no que o debate colectivo será imprescindible para estimular a acción política e perfeccionar as propostas.

  • A “nova axenda social” debe ser unha actuación de emerxencia para preparar a cidadanía de todo o Estado para aumentar a resiliencia diante co colapso civilizatorio en cuxas primeiras etapas estamos. Decrecemento, afortalamento da soberanía alimentar, impulso decidido á captación distribuída e democrática de enerxías renovables, abandono progresivo pero rápido dos combustibles fósiles, etc. etc. Xa dabamos pistas na “Guía para o descenso enerxético” que moita xente desta candidatura coñece. Por se vai falla, tédela en http://galiza.pospetroleo.com para libre descarga.

    • Boa noite Casdeiro. O programa de En Marea consideramos que recolle moitas das túas propostas, recolle por exemplo a promocion de produtos de proximidade (en detrimento de aqueles que incorporan unha elevada pegada do carbono) e a promoción a agricultura de pequena escala, recolle tamén o fomento da autoprodución enerxética en administracións, empresas, explotacións e vivendas; medidas de redución do consumo enerxéntico mediante o fomento da mobilidade (máis) sostible, etc. Non obstante, non é un programa pechado a outras medidas que poidan permitir avanzar cara unha sociedade máis resiliente e, nese sentido, a idea é seguir afondando nestes temas continuamente.

      • Alédame se é así. Mas convén darlle corpo coherente a esas acción a prol da resiliencia, e que non queden como medidas soltas e inconexas e moitas veces inconsistentes con outras medidas noutros ámbitos.

  • Daniel D. García

    -Apoio a garantía constitucional dos dereitos sociais, pero como se supón que a Constitución por si mesma vai garantir nada? Ides propoñer algún mecanismo polo que as cidadás poidamos reclamar, de maneira rápida, sinxela e vinculante, os dereitos constitucionais?

    -Segundo a normativa, dise “subministracións” e non “suministros”.

    • Boa noite Daniel. A Constitución, como fonte de dereito, habilitaría a esixencia de dereitos que En Enmarea consideramos básicos e fixaría prioridades ou obxectivos sociais, delinearia o modelo de sociedade. Non obstante, consideramos tan ou máis importante traspoñer estes obxectivos a leis regulamentos que os materialicen, establecer un ordenamento xurídico que promova eses dereitos.
      Grazas en todo caso, polo comentario e pola advertencia da errata, que correxiremos.

      • Daniel D. García

        Grazas pola resposta 🙂