20 propostas para o 26X

Presentación

As  #20PropostasParaO26X son unha síntese das liñas programáticas básicas de En Marea. Trátase dun documento dinámico que recolle o acordo de todas as forzas políticas e iniciativas cidadás que fan parte da coalición, e que se abre ao debate público para a súa mellora e enriquecemento.

Entendemos o programa como o noso compromiso e como as liñas orientadoras de acción nas Cortes. Trátase dun documento aberto e un marco de diálogo que permitirá a participación cidadá no proxecto de En Marea ao tempo que unha ferramenta para a rendición de contas do grupo parlamentario.

Se o desexas podes descargar unha versión detallada do programa no menú lateral. Convidámoste ademais a que compartas e colabores coas túas achegas no pé de cada unha das #20PropostasParaO26x.