20 propostas para o 26X

14. Dereitos humanos, cidadanía libre, igualdade sen exclusións

Pularemos por rematar coas diferencias no acceso aos dereitos que sofre a poboación estranxeira. A lei de estranxeiría debe se derrogada, facilitando os procesos de integración da poboación migrante mediante regulacións ordinarias e unha nova carta de dereitos.

Apoio esta propostaApoios: 121

Fai a túa achega:
  • Piñe Metralla

    Despenalización do canabis… a ver en que límites. Temos as taxas de alcoholismo e drogadición máis altas de Europa. Non se pode tolerar o legalizamento así porque si.

    • Andrea Soak

      Legalizando o canabis salvaríanse máis vidas das que se perden, falo das mafias, mulas, traficantes… O alcol e o tabaco legalizáronse con intereses políticos; a quen lle interesa hoxe en día ter ilegalizadas as drogas blandas?

  • Daniel D. García

    Sei que é un asunto conflitivo, pero máis cedo que tarde habería que falar da legalización de todas as drogas. Non só o canabis. As consecuencias terríbeis de tantos anos de políticas prohibicionistas están á vista.