Novas

A senadora de En Marea pide desde o barco de rescate Lifeline “que se cumpra a Lei do Mar e se abra un porto seguro para os migrantes”

photo5873074448649792839

Malta, 25 de xuño de 2018. A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, atópase no barco de rescate Lifeline, onde hai máis de 240 personas migrantes (cinco veces máis da súa capacidade) e que leva á deriva desde fai tres días ante a negativa do goberno de Malta a permitirlle atracar nun dos seus portos.

“Reclamamos que a Lei do Mar se cumpra. O Lifeline ten dereito a acceder a un puerto seguro e Europa está negando esa posibilidade”, asegurou a senadora.

Angustia está en Malta para ver a situación na propia embacación e estar coas persoas migrantes, para coñecer de cerca a súa situación.

“O barco está varado a 25 millas do porto seguro máis cercano. Deberían estar alí desembarcando se Malta cumprise os acordos para asegurar os dereitos humanos”, sinala a senadora.

A representante de En Marea destaca que hai “situacións moi delicadas” e a xente “está asustada”.

“Existe moito medo a que se lles poda devolver a Libia. Prefiren morrer neste tránsito antes que volver a Libia porque coñecen moi ben o maltrato de dereitos humanos en Libia”, asegura a senadora.

En Marea e a súa senadora piden darlles un desembarco en porto seguro: “É unha embarcación moi pequena que pode non soportar un forte temporal. Denuciamos a situación de abandono por parte do Goberno de Malta que lle devolve a pelota a Italia. A Unión Europea non se pronuncia e os Estados non están facendo presión”.