Novas

Aprobada a iniciativa de En Marea no Congreso que solicita a investigación da Fundación Francisco Franco

dsc_1275

“Imaxínanse unha Fundación Adolf Hitler en Alemaña? Ou Benito Mussolini en Italia? Non a imaxinan porque repugna á nosa intelixencia e repugna á nosa sensibilidade democrática. Non debe existir unha Fundación Francisco Franco”.

Intervenciónhttps://youtu.be/Zj-tLunIvYE

Madrid, 16 de febreiro de 2017. O Congreso dos Deputados aprobou este xoves, na súa Comisión de Interior, a Proposición Non de Lei (PNL) de En Marea que insta ó Goberno a solicitar unha investigación por parte do Protectorado de Fundacións das actividades presuntamente ilícitas realizadas pola Fundación Francisco Franco, presentada polo deputado e portavoz de En Marea, Antón Gómez-Reino.

A iniciativa tivo 20 votos a favor, 14 en contra e 3 abstencións, co voto a favor do PSOE, ERC, PNV, PDCat e EH Bildu. En contra votou o Partido Popular e abstívose Ciudadanos.

O deputado preguntouse “que sentido ten a existencia dunha Fundación que venera a un fascista que combateu a democracia”. “Como é posible que reciba diñeiro público para promover ideas contrarias aos dereitos e as liberdades?”, asegurou o deputado.

Gómez-Reino lembrou que a lexislación prescribe que “as fundacións deberán perseguir fins de interese xeral, como poden ser, entre outros, os de defensa dos dereitos humanos, das vítimas do terrorismo e actos violentos, asistencia social e inclusión social, cívicos, educativos, culturais, científicos (…) de promoción dos valores constitucionais e defensa dos principios democráticos, de fomento da tolerancia, etc.”.

En Marea lembra que a ONU, o Consello de Europa, o Comité contra a tortura, e o Alto comisionado das NU para os DDHH coinciden na condena ao franquismo, en investigar as violacións aos DDHH, e procesar e castigar aos responsables, sen embargo o PP continúase a negar a realidade e a condenar.

O parlamentar de En Marea insistiu que con esta PNL “queremos poñer en cuestión esta fundación e outras fundacións cuxo obxectivo último é combater a democracia”.

PP

A pesar desta situación, o PP foi o único partido en votar en contra, amparándose que “esta comisión carece de competencia para pronunciarse sobre esta PNL” e ata pediu a En Marea “que a retirase”.

Download (PDF, 117KB)