Novas

Aprobada a iniciativa de En Marea para a determinación das prestacións de desemprego derivada de contratos a tempo parcial

photo5875217697460038475

A iniciativa saiu adiante con todos os votos a favor agás os do Partido Popular.

 

Madrid, 13 de decembro de 2017. A deputada e voceira de En Marea no Congreso dos Deputados, Yolanda Díaz, conseguiu este mércores que se aprobase na Comisión de Emprego a nosa Proposición non de Lei de En Marea relativa ao cálculo da duración da prestación de desemprego derivada de contratos a tempo parcial.

“Pedimos cometer as reformas lexislativas precisas para cumprir cos mandatos internacionais, especialmente coas diretivas que obrigan á igualdade de xénero en materia laboral e de Seguridade Social”, asegurou a deputada.

Díaz denunciou que o PP ten un problema coa igualdade laboral e retributiva: “é un Goberno que se nega a cumprir coas directivas e as recomendacións europeas para garantir os mesmos dereitos laborais entre mulleres e homes”.

“Somos o único Estado que está recibindo condenas por vulnerar os DDHH en materia de igualdade e discriminación. Esto ao PP tenlle que facer reflexionar. Sería convinte que o Goberno acometese con urxencia as reformas para defender os dereitos das mulleres”, insistiu a deputada, que espera que a Lei de igualdade retributiva non sexa vetada polo PP.

Download (PDF, 2.39MB)