Novas

Aprobada a iniciativa de En Marea que pide a modificación do sistema de subastas de interrumpibilidade

photo5875217697460038356

 

“Esiximos axudas e apoio á nosa industria, como o sector estratéxico que é”, asegurou a deputada Yolanda Díaz.

Intervenciónhttps://youtu.be/Hz9_oEwnwr0

Iniciativa aprobada: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/5750eb0b-5169-481b-8393-ecf2c525c51a/PNL_comisio_n_INTERRUMPIBILIDAD_1_.pdf

Madrid, 13 de decembro de 2017. A deputada e voceira de En Marea, Yolanda Díaz, defendeu este mércores no Congreso unha iniciativa deste grupo que pide a modificación do sistema de subastas de interrumpibilidade e que se aprobou con 21 votos a favor e cos votos do Partido Popular en contra.

“Esiximos axudas e apoio á nosa industria, como o sector estratéxico que é”, asegurou a deputada, que insistiu en que estamos ante un sistema “que reporta un custo elevadísimo e que causa perplexidade, porque é tan opaco que non somos quen de saber o custo real desta subasta”.

En Marea denuncia que “estamos ante un sistema que reporta un coste elevadísimo e que causa perplexidade, pola súa opacidade, co que se nos impide coñecer o coste real desta subasta.

Ademais, como indican os ensexeñeiros e o Organismo Regulador, “o sistema debe ser modificado” porque a diferenza doutros países, “está utilizándose de forma estrutural, cando debería ser un sistema de apoio e non como sistema único”.

Ante esta situación esiximos a modificación da regulación do servizo de xestión da demanda de interrumpibilidade, na liña dos países do noso entorno.

“Este sistema ten que mellorarse. O Goberno non o pode facer peor. É hora de que o PP faga os seus deberes e camiñe cara a transición”, sinalou.

A parlamentar defendeu que desde En Marea “queremos que responda estrictamente ás necesidades derivadas da seguridade do sistema eléctrico español, reducindo o volume de potencia interrumpible e limitando o valor máximo da retribución pola prestación do servizo”.

Ademais, queremos que a adxudicación do servizo “poda realizarse con carácter anual,  mensual ou semanal” e que a retribución máxima e os volumes de potencia interrumpible “se garantan por un periodo de tres anos”.