Novas

Aprobada a iniciativa de En Marea que pide a reactivación dunha Comisión bilateral para negociar o traspaso de competencias a Galicia.

photo5800992184319717026

 Madrid, 11 de decembro de 2018. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, defendeu este martes na comisión de Política Territorial e Función Pública a reactivación dunha Comisión bilateral para negociar o traspaso de competencias a Galicia.

A iniciativa saiu adiante por 32 votos a favor e 3 abstencións, que pertencen a Ciudadanos.

“É unha iniciativa de extrema importancia, marco de absoluto respecto institucional ás normas do Estado e o Estatuto de Galicia, por iso é indignante a abstención de Ciudadanos”, explicou a deputada.

Con esta iniciativa “instamos ao ministerio á activación da comisión bilateral para debatir sobre a Axenda Galega e as transferencias pendentes a Galicia despois dunha época de desertos. Dende Emilio Perez Tuoriño non houbo ningunha transferencia a Galicia”, explicou a deputada.

Díaz indicou que o importante é defender cuestións fundamentais para Galicia “porque teñen que ver coas necesidades das galegas/os”.

Trátase de cuestións relevantes, como a transferencia da arteria principal a Galicia da AP-9, xestión da titularidade dunha vía que debe de ser xestionada en Galicia. “É unha vía moi cara, a máis cara do Estado. É unha vía que non ten alternativa de tránsito, falar de estas transferencias é falar de cousas reais en Galicia”.

Ademais, solicitamos a transferencia da competencia de Salvamento Marítimo. “Hai moitos buques que transportan materiais perigosos. Non podemos permitirnos outra catástrofe marítima e ambiental. Pensamos que como potencia pesqueira, a perigosidade que sufrimos, esta competencia debe ser executada”.

Entre outras cuestións, a deputada destacou que nesta Comisión bilateral pode tratarse a transferencia da seguridade viaria e de tráfico.

“Galicia non é como o resto: temos peculiaridades xeográficas que nos convirten no punto negro da sinistralidade de tráfico. É unha competencia que foi transferida a Euskadi, Catalunya e Navarra. Somos unha nacionalidade histórica e reivindicamos esa competencia”, insistiu.

Entre outras demandas atópase a de saúde penitenciaria, porque “é dramático ver como como se priva de fármacos como o da Hepatite C. “Galicia debe de exercer o seu autogoberno”, insistiu a deputada.

“É un exercicio de respecto ao Estatuto, non permitiremos que nos convertan nunha autonomía de segunda”, enfatizou Díaz.

 

Download (PDF, 206KB)