Novas

Defensa nega a proposta de En Marea de declarar como proxecto de interese para a defensa nacional o Estaleiro 4.0 en Navantia Ferrol

photo5951907271992782730

Yolanda Díaz denuncia que, polo procedemento ordinario, os trámites “poderían tardarán anos”.

Madrid, 31 de enero de 2018. A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, denunciou na comparecencia da ministra de Defensa, que se celebrou a petición deste grupo, que non van declarar como proxecto de interese para a defensa nacional o Estaleiro 4.0 en Navantia Ferrol.

“O Goberno debe aclarar á cidadanía quen executará o estaleiro 4.0 en Ferrol. Na liña actual, lamentablemente non se podería acelarar a construción deste importante proxecto”, explicou a voceira.

En Marea conseguiu esta semana que se aprobase na Deputación Permanente a comparecencia da ministra de Defensa para que dese contas sobre construción do estaleiro 4.0 Navantia en Ferrol, na que foi “moi clara” e dixo que, a pesar de estar ubicado en terreo que pertence á defensa nacional, “non declararán este proxecto como adscrito a defensa nacional”.

“Ninguén aclara quen vai sacar adiante esta obra, mais Robles aclara que non estará adscrito a defensa nacional”, denunciou a deputada.

Díaz lembrou que Ferrol leva tempo “atascado” con esta cuestión.

“O feito de non adscribir este proxecto a defensa nacional leva problemas que xa coñecemos: pediuse a exclusión da licencia por Navantia para as cabinas, pero a resolución é negativa. Ademais, non se dan as condicións para a licencia municipal”.

A deputada sinalou que hai un primero problema para a execución do estaleiro, porque o feito de non adscribir “plantexa a disxuntiva sobre que órgano ten que sacalo adiante”.

“Sei que hai vontade en acelerar as fragatas para conseguir novos contratos, é o valor principal. E un elemento comercial poderoso, mais é evidente que falta o estaleiro”, incidiu a voceira, que concluiu incidindo ao Goberno en que deben decir á sociedade “quen executará este proxecto” porque se imos cara un proceso ordinario “lamentablemente non se podería acelerar a construción do proxecto”.