Novas

En Marea acusa a Catalá de ser a peza fundamental para “cargar toda a culpa no maquinista” e “blindar as construtoras”

Captura de pantalla 2019-01-21 a les 15.04.51

O ex ministro Rafael Catalá foi incapaz de probar a súa versión en ningunha das acusacións que lle fixo En Marea, limitándose a utilizar a negativa como argumento.

Madrid, 21 de xaneiro 2019. O ex ministro de Xustiza e ex Secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas no momento do accidente do tren, o 24 de xullo de 2013, Rafael Catalá, foi un dos comparecentes na Comisión de investigación do accidente que se celebra este luns. 

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, acusouno de ser a “peza fundamental para carga toda a culpa sobre o maquinista” e de “intenar blindar a empresas construtoras negando que fose un tren de alta velocidade”.

“Tivo premio, hoxe en día está nun despacho de abogados que defende á aseguradora de Renfe no accidente”, resumiu a deputada após da comparecencia de ex cargo de Fomento.

Fernández dirixiuse a Catalá para decirlle que “foi unha das persoas con maior relación con este accidente”. “Tivo relación coa infraestrutura previa ao accidente, un papel crucial e as consecuencias acompáñano a día de hoxe. No seu cargo de Secretario de Estado de Planificación, utilizou vostede o AVE a Galicia para beneficiar as contas do PP?”, ao que Catalá respostou negativemente.

A deputada xplicou que nunha axenda incautada ao Señor López Madrid, na Púnica, atópase un folio escrito a man, no que aparece: “Carlos Contreras Vimac quere oco no AVE a Galicia. Rafael Catalá chamará para que fagamos oco”. Lembroulle que Contreras está imputado por donar fondos en negro á caixa B do PP. E que a súa empresa conseguiu un “oco” na adxudicación no tramo que une Laza e Vilar de Barrio no AVE a Galicia por valor de 146 millóns. “Ten algo que dicer?”, preguntou Fernández, ao que a resposta de Catalá foi negativa de novo e acusou á deputada de En Marea de “ensuciar” a súa traxectoria.

Traballou para estender a teoría do culpábel único

Fernández preguntoulle ao exministro se lle ofreceron aos medios o audio do maquinista, algo que Catalá negou, pero no que insistiu a deputada.

“Entregaron vostedes o audio completo o usó a primeira parte? Por que aos medios só lles chegou a primeira parte do audio? Por que chega cortado? Quen llo envía?”. Rafael Catalá afirmou que “nos non facilitamos ningunha información á prensa”.

A deputada de En Marea criticou a Catalá por traballar interesadamente a culpar só ao maquinista en días posteriores. Intentou influir na causa e na opinión pública.  Coñecendo agora todo, “non cre que debería peder perdón ao maquinista?”.  Catalá, a pesar de que as súas afirmacións sobre o maquinista, acusando de único culpable están por documentadas, negou todo.

Catalá: “naquel momento non funcionaba como tren de alta velocidade”

Alexandra Fernández censurou a actitude de Catalá despois do accidente, que se centrou en cargar toda a responsabilidade no maquinista e en negar que o tren accidentado fose de Alta Velocidade. En Marea amosou documentación como a publicación no BOE que dicía que era alta velocidade, aspeito que  Catalá non contrastou e limitouse a indicar que “ non poseía a documentación precisa”, remitíndose a “expertos”.

Ante a insistencia da deputada, limitouse a afirmar que naquel momento “non era alta velocidade” e logo acusou a Fernández de usar “un slogan publicitario”. Neste sentido, Alexandra Fernández díxolle que “vostede recoñecía abertamente os motivos de negar que fose alta velocidade e falaba de prexuizos á industria española, aludindo ao contrato de Brasil. Dixo sen pudor que non era alta velocidade. Vai pedir perdón ás vítimas por priorizar contratos por riba dunha investigación?”

A actitude de Catalá foi en todo momento a mesma: a negativa. Alegou que segundo os expertos “non funcionaba en alta velocidade”, restando importancia a este aspeito e chegou a manifestar que “que mais da que fose ou non de alta velocidade? Que se lle chame dunha maneira ou outra da igual. O importante eran os estándares de seguridade”.

As portas xiratorias de Catalá até un despacho que defende á aseguradorade Renfe

A deputada de En Marea destacou os ascensos de Catalá na política e como hoxe en día é “o asesor do despacho de abogados británico Hertert Smith, e que entre as súas operacións está a de asesorar ao consorcio español adxudicatario do tren de alta velocidade en Arabia Saudí. É a firma de abogados que defende á aseguradora de Renfe no sinistro. Non debería deixar ese traballo?”

Rafael Catalá defendeu o seu posto de asesor amparándose en que “cumpriu coa lei de incompatibilidade de altos cargos”.

Pola contra, a deputada acusouno de ser “unha clara porta xiratoria” e de terse beneficiado por “bloquear a investigación do accidente”.

A parlamentar de En Marea concluiu a súa intervención afirmando que “mentras continúe coa teoría oficial , iralle ben na carreira privada, pero foi moi indecente e cargará con 80 mortos”.