Novas

En Marea acusa a José Llorca de actuar con deslealdade na sinatura do protocolo sobre os terreos portuarios na Coruña

DSC08543

Intervención: https://www.youtube.com/watch?v=YIzD5d1MF8M

Madrid, 19 de abril 2018.  A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, dirixiuse este xoves ao Presidente da Entidade Portos do Estado, José Llorca, no marco das comparecencias de altos cargos para informar das partidas orzamentarias, para formularlle unha serie de cuestións sobre as consignacións contempladas en relación aos distintos portos galegos.

Críticas ao Protocolo sobre os terreos portuarios de A Coruña, excluíndo ao concello

En primeiro termo, Alexandra Fernández, aludiu á presentación onte na Coruña do Protocolo sobre os terreos portuarios asinado entre o Ministerio de Fomento, a entidade Portos do Estado, a Xunta e Autoridade Portuaria, excluindo ao concello de A Coruña.

“Vostede foi a Coruña a asinar un Protocolo para a transformación dunha boa parte do litoral coruñés, de xeito desleal para cos coruñeses e as coruñesas. Desleal porque quen ten a principal responsabilidade de ordear a fachada litoral é o concello, quen detenta as competencias urbanísticas. Deixaron ao consistorio fóra pola simple razón de que non son do seu partido, o que significa que están a dar as costas non só ao goberno municipal, senón tamén aos veciños de A Coruña por quereren un futuro alternativo ao da especulación”.

Fernández censurou na súa intervención perante Llorca o feito de que preferise reunirse só con Feixóo, quen recoñeceu que non tiña competencias sobre os terreos portuarios, co Ministro de Fomento, e co Presidente da Autoridade Portuaria. “Fan da ordenación do litoral coruñés unha excusa para a campaña do seu partido”, enfatizou. Preguntou a Llorca por que razón non se conta co concello e por que non se apostou pola proposta do concello dunha fórmula de consorcio entre as tres administracións”.

A deputada de En Marea pediu concreción sobre o futuro dos terreos de San Diego, “dado que todo indica que están a traballar para abrir as portas á privatización , fragmentando o litoral segundo intereses especulativos en lugar de traballar polo interese colectivo desde unha visión de cidade”. “Que compromiso ten de manter en máns públicas os  terreos?”, preguntou ao tempo que lembraba as movilizacións sociais en A Coruña en contra da privatización.

Accesos ao Porto Exterior de Punta Langosteira: concreción
Alexandra Fernández sinalou que o pasado 2 de abril, Rajoy anunciaba nun “grande despliegue propagandístico que Adif e Portos chegaran a un acordó para cofinanciar o acceso ferroviario ao Porto Exterior por 138 millóns. Mais, nos Orzamentos non figura o investimento desta conexión.

“Que previsións manexa en relación a esta infraestrutura ferroviaria? Cal é a utilidade e eficacia competitiva dun Porto novo sen conexións ferroviarias? Onde figuran as partidas do acordó Adif-Portos de cofinanciación?”, son algunas das preguntas que lle espetou.

Acceso ao Porto Exterior de Ferrol
A deputada de En Marea puxo de manifestó que o Porto Exterior de Ferrol rematado en 2010 segue o guión de facer grandes infraestruturas portuarias illadas, en unha planificación de accesos en tempo e forma. Aludiu aos 22,3 millóns contemplados no proxecto de Orzamentos para accesibilidade ferroviaria. “Xa no pasado exercicio figuraban 24,3 millóns. Executáronse na súa integridade? Canto hai de orzamento desviado para este ano 2018 que non se executou? Cais son os prazos de execución?”.

En canto ao Porto de Vigo, Fernández aludiu aos 2,7 millóns para o desenvolvemento da terminal intermodal de Bouzas, pero “nada sobre a necesaria conexión ferroviaria entre Bouzas e Guíxar. Un compromiso que adquirirá Ana Pastor sendo Ministra pero que non se materializa”. A deputada de En Marea criticou o feito de manter infraestruturas descolgadas da conexión ferroviaria e pediu partidas para este enlace. Finalmente pediu concreción sobre os horizontes temporais para a PLISAN e a concreción do gasto dos 13 millóns consignados.