Novas

En Marea advirte que no vai apoiar a un Goberno que permita o peche de Alcoa

photo5886209575332458340

 

Madrid, 9 de xaneiro de 2019. A voceira de En Marea no congreso, Yolanda Díaz, criticou este mércores con dureza ao Executivo de Pedro Sánchez por non ofrecer unha alternativa aos traballadores e traballadoras de Alcoa, que poden quedar na rúa o próximo 15 de xaneiro.

“Como saben, tiñamos unha xuntanza esta mañá coa SEPI, de forma sorpresiva cancelaron esta reunión. Quedamos sorprendidas porque este é un problema urxente. Se non responde, non imos apoiar máis decretos de Industria”, afirmou.

A deputada destacou que Alcoa, a Naval e a empresa Isowat “son fundamentais e teñen caracter estratéxico para o Estado”.

“Alcoa é a principal produtora de alumnio primario, material do S.XXI, hai demanda mundial, non hai razóns para deixar de producir este material”, asegurou Díaz.

A voceira de En Marea lembrou tamén o caso de Isowat, que é unha empresa ligada as enerxías renovables.

“É incomprensible que o Goberno renuncie a facer política industrial e políticas de Estado. Non actuar sobre isto é deixar caer as traballadores, senón que é deixar caer sectores produtivos estratéxicos.  Imaxinen que Italia e Alemania deixaran caer sectores produtivos estratéxicos?”, sinala.

En Marea insiste en que “hai carga de traballo suficiente” polo que a mensaxe ao Goberno é clara “non imos acompañalos se practican as mesmas políticas que o PP. O compromiso do Goberno era defender os postos de traballo industriais, a Ministra ten ferramentas para garantir un futuro digno para a Industria. Se non se actúa, Alcoa e Isowat pechan e os traballadores vanse á rúa”.