Novas

En Marea anuncia o inicio das negociacións bilaterais co Goberno para os orzamentos

photo5864192576540749686

Audio: https://bit.ly/2xGVsGr

 

Madrid, 16 de setembro de 2018. Os voceiros de En Marea no Congreso anunciaron este mércores que o grupo galego negociará directamente co Goberno os orzamentos que afecten a Galicia.

“Estamos abrindo liñas de diálogo e negociación co Goberno: anunciamos que estabamos traballando para trasladar a axenda galega do cambio, que recolle os elementos centrais das demandas da cidadanía galega”, explicou o actual voceiro, Antón Gómez-Reino.

O deputado explicou que abriremos “unha negociación bilateral desde En Marea para chegar a acordos e sacar adiante uns orzamentos que sexan favorables ás maiorías sociais e ás demandas de Galicia como País e como Nación”.

Pola súa banda, a deputada Yolanda Díaz anunciou que o próximo martes terá lugar unha xuntanza coa ministra Meritxell Batet, “na que plantexaremos demandas fundamentais como transferencias competenciais, relacións transfronterizas, relación coa UE, etc. É preciso que Galicia teña voz nos orzamentos”.

En Marea defende que estes orzamentos sexan “sociais e para a xente”

“Chegou a hora da axenda galega e de paliar as deficiencias do noso país”, explicou a deputada.

O deputado Miguel Anxo Fernán Vello explicou que “En Marea abrirá esta mesa de negociación ante a grave diminución de recursos que se destinan a Galicia. Ante isto, presentamos unha axenda galega, cun profundo carácter social que sitúe a Galicia nunha negociación aberta co Goberno”.