Novas

En Marea condena a decisión de Trump de declarar Xerusalén como a capital de Israel

jerusalen--600x274

Galicia, 8 de decembro de 2017. En Marea condena a decisión dos EUA de declarar a Xerusalén como capital de Israel, e anunciar o traslado da súa Embaixada desde Tel Aviv.

“Con esta decisión, convértese no único país do mundo en seguir as políticas de anexión de Israel”, asegurou o voceiro de Exteriores, Antón Gómez-Reino.

Donald Trump pasa a converterse en aliado das políticas máis extremistas de Benjamín Netanyahu, dos colonos máis fanáticos en Israel e das forzas máis reaccionarias no seu propio país, motivo polo que desde En Marea condenamos enérxicamente esta decisión como “unga agresión contra a paz e a legalidade internacional”.

Como xa fixo ao abandonar o Acordo de París contra o Cambio Climático e como está facendo coa súa suicida escalada na crise con Corea do Norte, esta decisión supón un novo ataque de Trump á legalidad internacional, ás institucións do multilateralismo democrático, o consenso internacional do resto de países do mundo e pode supoñer un estalido de consecuencias imprevisibles para Oriente Medio e todo o mundo, como xa está acontecendo nas últimas horas.

A Unión Europea e o Estado español non poden dar cobertura a esta política de Donald Trump. A UE, como maior donante económica do proceso de Oslo, está ante a última oportunidade para acabar cunha política de mediación entre Israel e Palestina que, na práctica, favoreceu as políticas de ocupación ao permitir que Israel viole cotiá e sistemáticamente as resolucións e lexislación internacional e os dereitos humanos da poboación palestina.

Pola súa banda, o Estado español desaproveitou a oportunidade de pasar das palabras recoñecendo ao Estado palestino, implementando accións contra a colonización de terras de Israel en consonancia coa resolución 2334 elaborada durante a súa presidencia do Consello de Seguridade de Nacións Unidas e en poñer en marcha mecanismos contra as empresas que operan nas colonias de Israel.

Desde En Marea e o grupo parlamentario confederal esiximos ao Goberno  que convoque ao Encargado de Negocios de EEUU no noso país e que, xunto co resto dos países da Unión Europea, cancele o almorzo informal de Benjamin Netanyahu co Consello de Asuntos Exteriores o vindeiro luns 11 de decembro.

“Non hai máis tempo que perder: España e a UE deben poñer en marcha políticas para cumprir a legalidad internacional, presionar e sancionar a Isarel se non acaba coa ocupación, o bloqueo a Gaza e a súa políticas de apartheid”, conclúe o deputado de En Marea.