Novas

En Marea considera “pésimos e regresivos os orzamentos do Estado para Vigo”

GRA178 MADRID 25/2/2016. La portavoz de En Marea, Alexandra Fernández, durante la rueda de prensa que ofreció hoy en el Congreso de los Diputados para hablar de asuntos de actualidad política y valorar estos días de negociaciones.EFE/SERGIO BARRENECHEA

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, afirma que “están tentando enganar á cidadanía viguesa con orzamentos pantasma”.

“Moitos dos investimentos aparecen de xeito nominal pero logo as partidas están baleiras de recursos, como por exemplo a partida para conectar o eixo atlántico con Portugal, aparece cunha partida de 100.000€ que é igual a nada”.

Madrid, 3 de abril de 2018.
A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, cualificou os Orzamentos do Estado para Vigo de “pésimos e regresivos, sen nengunha proposta que potencie sectores productivos da nosa cidade , avócandonos cara o modelo da precariedade”.

Ademais limitan sistemáticamente o potencial atlántico da nosa cidade e a súa centralidade no eixo atlántico.”

“Son tamén a manifestación evidente do desleixo pola cultura, posto que reitera as partidas ridículas do ano anterior para o Museo Marco (a mesma partida de 35.000 euros) e elimina a dotación á biblioteca do estado, o que supón un enorme retroceso. Alégranos que se avance na recuperación da Panificadora, pero seguiremos sen contar coa tan necesaria biblioteca do Estado. A indefinición por parte de Concello e Ministerio lévanos a que as dotacións culturais neste cidade sigan paralizadas”, afirma Fernández.

A deputada tamén pon de manifestó que a prolongación do Eixo até a fronteira portuguesa repite a mesma partida, 100.000 euros, e que “deixa ás claras que o Goberno de Rajoy non ten ningunha intención de levar a cabo esta actuación necesaria para a dinamización económica de Vigo, importante para a mellora da comunicación da euro rexión Galiza-norte de Portugal”.

Así, lamenta que para a electrificación Vigo-Tui só se contemplen 300.000 euros o cal da idea “da falla de compromiso do Goberno do PP coa prolongación do Eixo desde Vigo e coa necesidade imperiosa de mellorar as infraestruturas con Portugal”.

O groso das partidas estatais van destinadas ao Consorcio Zona Franca e para a Autoridade Portuaria, “pero sen abordar as intervencións máis urxentes e estratéxicas como a conexión do porto co ferrocarril, a repercusión real das inversións vese limitada”.

En canto ao I+D+i sigue en estado de abandono coa cativa inversión de 2 millóns de  euros que se destina ao Instituto de Investigacións Mariñas,  “xa denunciamos que ven dun descenso e inexecución continuada desde 2013, polo que é unha partida para compensar a parálise sofrida nestes anos, pero insuficiente. O I+D+i segue sen ser unha aposta estratéxica e de futuro”.

Contémplanse pequenas dotacións para a A-52 tramo Vigo-Porriño, 599.000 euros, ou para a adecuación e mellora da seguridade vial A-55 no tramo Vigo-Porriño onde consta 1,5 milóns.

Alexandra Fernández aproveitou para facer mención ao anuncio de onte de Rajoy de que se vai construir unha alternativa ao tramo da A-52 Vigo-Porriño  para evitar a enorme sinistralidade das curvas á altura de Mos.

“A propaganda do PP en Galicia sempre se fai en torno a anuncios que teñen unha proxeción futura longa, posto que esa actuación segundo dixeron non esta nos Orzamentos estatais, senón que estará no Plan Estraordinario de Investimentos en Estradas de cara o 2021. A nosa aposta é clara para evitar que se conduza polo tramo máis perigoso do estado: abrir as peaxes da AP-9 entre Vigo e Tui. Sería algo imediato e non propaganda a anos vista”.

En canto á Edar, a partida de 5,1 millóns deducimos que será para o periodo de probas no que está a depuradora.