Novas

En Marea critica en preguntas no Congreso a “fixación” da Garda Civil de Gondomar ao denunciar ao Concello por ter sinais de tráfico en galego   

2017-01-12 12.47.59

 A deputada de En Marea Alexandra Fernández pide que se respecten os dereitos lingüísticos e afirma que “a Garda Civil creou un problema onde non existe. Con estas actitudes pretenden camiñar cara a laminación da nosa lingua contra a sentir maioritario na sociedade galega, que non recoñece estas situacións como un problema”

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/a7175cb3-2e57-4d57-8faa-e1f34b57d714/PREGUNTA_GARDA_CIVIL_GONDOMAR_SINAIS_TRÁFICO_GALEGO.pdf

Madrid, 27 de xuño de 2017. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou senllas preguntas dirixidas ao Ministerio de Interior para criticar “a fixación” e “manía persecutoria” da Garda Civil de Gondomar coa lingua galega, en referencia ao último episodio polo que axentes da Benemérita denunciaron ao concello por ter sinais de tráfico en galego, sinais que levan instaladas desde hai máis de dez anos.

“Cre o Goberno que se xustifica esta actitude da Garda Civil de Gondomar cando os sinais de tráfico interurbanos levan instalados desde hai moitos anos?”, pregunta Alexandra Fernández ao Goberno. Neste sentido, lembra que o sinal máis antigo, situado no acceso ao instituto Terra de Turonio, foi ubicada no curso 1989-1999, e os outros dous colocáronse no 2007 nos acceso á área industrial de A Pasaxe”.

Crear un problema onde non existe

Aclara a deputada de En Marea que se trata de sinais de dirección prohibida que se identifican por si mesmas, que “só incorporan un texto en galego que recolle a excepcionalidade e que os veciños e as veciñas entenden sen problema. O que fai a Garda Civil é crear un problema onde non o hai, xeneran un problema inexistente”.

Explica a parlamentar de En Marea que os axentes acusan ao consistorio de incumprir a Lei de  Tráfico por non figurar a lingua española e proponen unha sanción económica. Tema que segundo Fernández debería ser obxecto de flexibilidade, especialmente en territorios con lingua propia. “No deberían respetarse os dereitos lingüísticos dos galegos e das galegas cando estamos aludindo a sinais de tráfico perfectamente identificábeis? Non cre o Goberno que se produciu un exceso de autoridade por parte da Garda Civil?”.

A Fernández resúltalle “curioso que se sancione a un consistorio tantos anos despois, e tamén é curioso a énfase da Garda Civil por uns sinais de dirección prohibida que nunca xeraron problema algún. Mais, lamentamos a fixación que este posto da Benemérita ten coa lingua galega que chega a extremos incomprensíbeis”.