Novas

En Marea critica a filtración de Fomento do audio cortado na noite do accidente para culpabilizar ao maquinista

photo5922741841302760777

Ante a prohibición na Comisión da emisión do audio entre o maquinista e Atocha a noite do accidente, Alexandra Fernández decidiu ler a conversa íntegra.

Ademais, reprocha que “o inicio do audio é o que Ana Pastor e Catalá difundiron” para inserir a culpabilización única do maquinista.

Madrid, 11 de xullo 2018. Os deputados de En Marea na Comisión de Investigación sobre o accidente do Alvia, Alexandra Fernández e Antón Gómez-Reino, deron a benvida ao maquinista e interensáronse pola situación e polo seu estado, deixando claro que a súa comparecencia “non foi pedida por En Marea”.

O audio censurado

A deputada Alexandra Fernández criticou que se prohibise a emisión do audio da conversa entre o maquinista e a estación central de Atocha a noite do accidente, tal e como pediu o comparecente.

“O audio prohibido debe ser escoitado. Non foi escoitado na súa totalidade cando o difundiron”, asegurou, razón pola que a deputada de En Marea procedeu a ler na súa integridade e literalidade toda a conversa do mencionado audio.

“O inicio do audio é o que Ana Pastor e Catalá difundiron. Foi o que se recibiu nas delegacións dos xornais”, mentras amosaba portadas de periódicos dos días seguintes que culpabilizaban únicamente ao maquinista.

Ademais, enfatizou que “a grabación filtrada tivo que partir do Ministerio de Fomento. Partírona e non chegou a ninguén”.  “O Señor Catalá estaba en entrevistas televisivas culpándoo. Houbo unha sentenza pública previa”, afirmou. 

Podíase ter evitado

Fernández fixo algunhas preguntas a Francisco Garzón: “No audio escoitamos como vostede era consciente da perigosidade da curva. A quen avisou? Tomáronse medidas?”. Garzón respostou que avisou ao de seguridade e “non se tomaron medidas”.

O maquinista ademais asegurou que “o que se fixo despois do accidente claramente podía ter evitado. E non se fixo nada”.

“Vostede é un traballador que non contou cos medios de seguridade precisos”praza

A parlamentar de En Marea aludiu tamén ao Informe da CIAF que conclúe que “toda a responsabilidade recaía sobre vostede”.

Lembrou ademais que non se analizou o risco na curva e trouxo a colación o Informe da ERA, que cuestiona o Informe da CIAF. 

Fernández censurou o trato inhumano otorgado ao maquinista, detido pola policía despois de saír do hospital e tratado como un delincuente: “necesitaban que estivese a disposición policial”. 

A deputada de En Marea rematou decindo que “para nós vostede é un traballador ferroviario que non contou cos medios de prevención e de seguridade precisos”.