Novas

En Marea critica que todo o investimento dos Orzamentos do Estado en Ourense sexa para o AV

ea58df86-93f8-4412-a756-03b2e2b21a36

Madrid, 5 de abril de 2017. En Marea denuncia que a práctica totalidade dos investimentos na provincia de Ourense se centren na construción da liña do AVE que conecta Galicia co resto do Estado.

O AVE ocupa a maior parte da partida orzamentaria de investimentos destinada a Galicia, en concreto dos 891,7 millóns totais, destinanse a obras de AVE 469 millóns, o 52,6 % do total, unha cifra que aumenta ata o 97,9% das inversións na provincia de Ourense.

“En Marea defende que hai que rematar as obras proxectadas do AVE, pero tamén dicimos que este volume de investimento non está axudando ao desenvolvemento dos territorios, do emprego e do benestar da maioría”.

Esta obra, que debera estar xa rematada, lévase 461 millóns de euros dun total de 471 dispostos para Ourense, quedando para a provincia unha cantidade de 10 millóns de euros, algo que roza o ridículo.

A esto súmase unha consignación de só un millón de euros para a variante exterior, o que pon en evidencia a pouca disposición do Goberno a realizar finalmente esta actuación.

Sobre a dotación de 5,7 millóns de euros ao Arquivo Histórico e a Biblioteca, está por ver a execución desta obra, “que se leva esperando desde hai anos”.

Un caso similar, pero máis sangrante, é o do Museo Arqueolóxico que leva 16 anos pechado a espera de financiamento suficiente para as obras de remodelación. A partida disposta de 250.000 euros é totalmente insuficiente para cubrir os costos do proxecto, polo que se espera que este Museo siga pechado por moitos anos.

Por outra banda, a asignación de 1,6 millóns de euros para a nova sede da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, mostra o profundo descoñecemento do Goberno central da realidade da capital ourensá, dado que este proxecto foi bloqueado no concello e non hai visos de prosperar.

En resumo, unha dotación masiva para o AVE, orzamentos insuficientes para outras demandas e necesidades históricas da cidade, fondos adicados a proxectos que xa están en vía morta e nin un euro para cubrir outros proxectos prioritarios, como a conexión viaria con Lugo e a zona interior de Galicia.