Novas

En Marea critica as xuras de bandeira civís como a de Lugo, “un invento artificioso de Cospedal”

photo5942768857192180681

O deputado e voceiro no Congreso Miguel Anxo Fernán Vello interpela á Ministra sobre “un tipo de acto artificioso, que non resposta a ningunha demanda e que ten un fin baseado no adoutrinamento” .

Madrid, 14 de maio de 2018. O portavoz de En Marea no  Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, interpela á Ministra de Defensa nunha iniciativa parlamentar sobre os diversos actos de “xuras de bandeira civís”, como o previsto en Lugo para o 26 de maio.

De verdade é necesario inventarse algo tan artificioso para pasear a bandeira de España polas prazas e rúas públicas? Cal é a base real deste tipo de actos que no caso de Galicia non se celebraron nunca? Levou a cabo un estudo sobre a demanda real deste tipo de actos? Non obedecen máis ben a un ideoloxismo ou a un adoutrinamento por parte do Ministerio de Defensa como reacción?”, son algunhas das cuestións que formula ao Goberno.

“Cal é o gasto de “xuras de bandeiras civís”?

Ademáis, Fernán Vello quer saber cal é o orzamento que Defensa destina ás “Xuras de Bandeira de personal civil” e a canto ascende o gasto no caso de Lugo. O voceiro de En Marea explica que na web do Ministerio de Defensa e baixo o epígrafe: “A Defensa e eu”, pódese acceder á pestana denominada “Xuras de Bandeira”, onde un calendario marca os actos a celebrar en cada data.

Figura para o vindeiro 26 de maio o de Lugo, o 25 de maio en Marín e o 7 de xuño en Pontevedra. Explica Fernán Vello que no caso de Lugo, o partido no  Goberno intentou que actos deste tipo fosen promovidos contando co visto bón do concello. Pero desistiuse. Promoveuse desde a Subdelegación do Goberno.

“Nunca antes se fixeran actos de exaltación da bandeira española que hai que enmarcalos na ofensiva españolista do Goberno do PP para ver si gaña adhesións á exaltación patria, sen entender aínda que gobernó nun estado plurinacional e plurilingüístico, situación que non vai cambiar por facer artificias xuras de bandeira civís”, sinala Fernán Vello.

O voceiro de En Marea pon en cuestión as afirmacións do Subdelegado do Goberno e do Subdelegado de Defensa que dixeron que “deste modo se estaba a atender a demanda de moitos cidadáns”. Fernán Vello afirma que “costa entender que exista tanta demanda cando até un medio de comunicación, e a nivel experimental usuario, fixo un pequeno cuestionario que arroxaron que máis dun 88% estaba en contra deste tipo de actos”.

Fernán Vello deixa claro que as “xuras de bandeira sempre se entenderon como propias de entornos militares. Facer actos artificiosos no mundo civil forma parte dunha estratexia de adoutrinamento”.

Download (PDF, 100KB)