Novas

En Marea da a súa abstención crítica e responsable a un Pacto de Estado “insuficiente” e necesitado de feminismo

photo5936080321801988533

Madrid, 28 de setembro de 2017. En Marea abstívose hoxe na votación do Acordo da Comisión de Igualdade, en relación co Informe da Subcomisión para un Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero.

Trátase “dunha abstención responsable e crítica”,  como denunciou a deputada de En Marea, Ángela Rodríguez, ante un Pacto que “non superou o marco da Lei de 2004”, na que se circunscribe a violencia machista únicamente ao ámbito da parella e ex parella.

Outro dos motivos da abstención responsable de En marea refírese á ausencia dunha “dotación orzamentaria explicitada”, que impida que o Pacto se converta nun “brindis ao sol”, sen efectos reais.

“A falta de medidas que fomenten a igualdade entre mulleres e homes no texto do Pacto” é outro dos motivos argumentados Rodríguez e a deputada de Podemos, Sofía Castañón.

“A desigualdade está na orixe das violencias machistas e neste Pacto deberiamos falar de brecha salarial, invisibilidad no currículum académico, permisos igualitarios e medidas que permitan a igualdade entre homes e mulleres, mulleres cidadás de pleno dereito”.

As deputadas sinalaron, finalmente, que a súa abstención crítica ao Pacto relaciónase ademais coa carencia na representación dos colectivos feministas no Pacto. “Si hoxe nesta cámara estivemos falando disto é grazas ao movemento feminista”, destacaron, reafirmando o seu compromiso e dedicación para lograr un auténtico pacto feminista.

Tralo seu paso polo pleno foron aprobadas seis enmendas do Grupo Confederal, os votos particulares 19, 20, 28 35, 36 e 37, relativos á dotación de unidades de igualdade; o labor da Inspección de Traballo no establecemento de plans de igualdade; a asistencia social integral; protocolos contra o acoso sexual; inclusión do acoso sexual no Pacto; e o matrimonio forzado, respectivamente.

Votos:

 

Download (PDF, 3.34MB)