Novas

En Marea defende que no Congreso hai unha maioría contra o veto do Goberno á transferencia da AP-9

photo5938135059926198639

Madrid, 17 de outubro de 2017. A Xunta de voceiros e voceiras do Congreso deu o seu apoio á reconsideración presentada por En Marea ante o veto do Goberno e a Mesa ao debate da Proposición do Parlamento de Galicia da Lei Orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Xunta de Galicia.

“O Goberno está vetando por posicións puramente políticas. Hoxe a Xunta demostrou que hai unha maioría posible”, asegurou a voceira de En Marea, Yolanda Díaz.

En Marea considera que “Feijóo queda moi mal parado,porque se demostra que non pinta nada para o Goberno de Rajoy”.

A voceira advirte que a Mesa do Congreso, “onde o PP e Ciudadanos practican política búnker, poden vetar o escrito de reconsideración” pero “agardamos que respeten a maioría da cámara e permitan que se debate esta lei”.

“No caso de que veten o escrito de reconsideración de En Marea, o PP e Ciudadanos serían responsables deste agravio e estaríanse enfrontando á vontade de Galicia”.