Novas

En Marea defende a revalorización das pensións conforme ao IPC a pesar do veto do Goberno

photo5771707508157689667

A deputada de en Marea, Yolanda Díaz, denunciou tamén no pleno que PP, C’s e PNV “cargáronse o Pacto de Toledo”.

Madrid, 21 de maio de 2018. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, defendeu no pleno do Congreso as emendas ao Proxecto de Lei de Orzamentos deste 2018 do Grupo Confederal en materia de pensións.

Na súa intervención denunciou a ausencia de Montoro, que demostra o pouco que lle importa esta cuestión e que “engana á cidadanía con números que só conducen á pobreza”.

A deputada explicou que “presentamos 28 emendas en materia de pensións e cotizacións” pero “vetáronnos prácticamente todas” e só 7 siguen adiante na súa tramitación neste pleno.

Díaz explicou que o Goberno “vetou unha emenda deste grupo para revalorizar as pensións” porque “é falso que vaian revalorizar as pensións, como anunciaron nos medios. Só de xeito excepcional e para o ano 2018 van subir un 1,6%. A trilateral (PP, C’s e PNV) desligan a revalorización do que era un mandado constitucional”, sinalou.

Por isto mesmo, estes tres partidos, PNV, PP e C’s, “cargáronse o Pacto de Toledo coas súas prácticas a portas pechadas”.

“Xa o racharon cando se conxelaron as pensións en 2010 e coas contrarreformas laborais de 2011 e 2013 por parte do PP e do PSOE.  Son pactos sen transparencia que non teñen nada que ver coas demandas da maioría social”, denunciou a deputada.

Díaz tamén criticou que o PNV se enterou “tarde e mal” das emendas do Partido Popular, que recortaban as prestacións para a invalidez permanente.

“Tiveron que rectificar despois da nosa denuncia e o PP tivo que retirar a súa emenda”, sinalou.

Ademais, gustaríanos que expliquen ás traballadoras do fogar “porque consuman un novo recorte no seu caso”. “É un colectivo importantísimo e están a recortar os seus dereitos. Van a recortar de forma importante a un colectivo que ten rostro de muller”, denunciou.

Pola banda de En Marea e o Grupo Confederal, destacamos dúas cuestións vinculadas ao que ten que ver co mandato constitucional: a suficiencia e a revalorización en conformidade ao IPC e o artigo 124 que ten que ver coa suficiencia das pensións, por iso presentamos emendas para xerar ingresos, sobre as que existe consenso entre Sindicatos e Coordinadora Estatal de Pensionistas, como son as relativas a eliminar o tope máximo de cotización.

“Xeraríanse ingresos de máis de 7.000 millóns de euros. Aínda están a tempo de votar a favor”, insistiu a deputada.

Tamén sobre os complementos a mínimos, “fixamos o mínimo para poder alcanzar o complemento en 11.200 euros ao ano”. “Pedimos o recoñecemento de complementos a mínimos nas pensións e instamos a elevalas ata alcanzar o importe do salario mínimo interprofesional”, sinalou

Ademais, “esiximos penalizar as contratacións temporais, porque o pecado capital das políticas do PP está na precariedade dos contratos. É necesario incrementar as cotas á seguridade social”.

Respecto ás pensións non contributivas, pedimos equiparalas ao salario mínmo en 14 pagas: “Son cantidades humildes pero imprescindibles para sacar ás pensionistas da pobreza”.

Desde En Marea e o Grupo Confederal tamén queremos elevar as cuantías do subsidio económico de desemprego, “así como as pensións de viudedade, e as prestacións por fillo a cargo para erradicar a pobreza infantil, compatibilidad entre invalideces non contributivas co traballo. Pedimos que se suba o SMI a 800€ e elevar a cuantía do IMPREM”.

Finalmente, a deputada de En Marea rematou decindo que o PP “está facendo trampas ao pedir un novo préstamo para financiar o sistema público de pensións”.

“Nós apostamos polas aportacións a través dos Orzamentos Xerais do Estado. E xa avisamos ao Goberno de que as pensionistas non van a parar. Non aceptan as súas trampas, e por moitos xogos que fagan vostedes fóra do Pacto de Toledo, van a seguir nas rúas”, asegurou.