Novas

En Marea defende “unha transformación enerxética e dixital” ante o “rotundo fracaso” das políticas do Goberno

photo5773959307971374448

 

 

Madrid, 22 de maio de 2018. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, defendeu este martes no pleno as 109 emendas parciais e 37 emendas ao articulado presentadas polo Grupo Confederal no Proxecto de Lei dos Orzamentos Xerais do Estado do 2018.

“Este país merece unha profunda transformación en materia enerxética e en materia de transformación dixital que o Goberno non está realizando”, asegurou a deputada, que insistiu en que este orzamento “ratifica o fracaso das súas políticas”.

Entre outras cuestións, Díaz destacou o error consumado do Ministerio na subasta de interrumpibilidade, “un erro que supón costes importantes económicos, que pagan os consumidores e consumidoras domésticas e non serve para atender as necesidades da industria”.

Outro dos “fracasos” foi o “falido bono social”: Os concellos son os que se fan cargo do bono social. Temos unha sentenza do Tribunal Supremo que cuestionaba o bono e as eléctricas son as que deben pagar o bono social, non as administracións públicas”, insistiu a deputada.

A deputada insistiu que estamos “ante un rotundo fracaso” porque estes orzamentos “consuman o erro”: “non haberá transición nin Lei de cambio climático. Non volvan a falar de autoconsumo e cambio climático porque son corresponsables das políticas do sr. Nadal”.

A representante de En Marea explicou que, ante estas políticas, “presentamos emendas relativas ás distribución da enerxía. Cando vai favorecer a distribución para que sexa bidireccional e poidamos empregar operadores locais? Somos capaces de tomarnos en serio un servizo público fundamental, a enerxía”.

Ademais denunciou unha das grandes materias pendentes, como é o papel da muller no sistema enerxético.

A deputada tamén quixo lembrar os 19 millons de personas de todo o Estado que carecen de conectividade dixital en condicións de dignidade. “Falar de conectividade dixital é falar de democracia”, asegurou a deputada.

Por iso, “é lamentable que vostede se vanaglorie dos datos de conectividade, sabendo que en Galicia, Extremadura ou nos barrios históricos de moitas cidades non hai datos de de conexión dignas”, replicou Díaz ao ministro.

Ante esta situación, En Marea e o grupo confederal aposta por Red.es como operador público que garanta o acceso a toda a poboación.

Díaz tamén insistiu en que En Marea presentou emendas “para a paralización da mina de Touro en O Pino ou para soterrar liñas de alta tensión e traslado de subestacións eléctricas, como a de Santa Mariña en Ferrol”.