Novas

En Marea demanda a Ábalos compromisos concretos coa mellora da liña de ancho métrico Ferrolterra-Ortegal-A Mariña de Lugo

391da9ac-da6b-46ce-96b0-92b1a679ffc5

O diputado de En Marea Fernán Vello traslada ao Ministro de Fomento os problemas constantes que sofre a liña de tren entre Ferrol e Ribadeo e a necesidade de apostar polo ferrocarril

Madrid, 13 de xullo 2018. O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha batería de preguntas dirixidas ao Ministro de Fomento para demandarlle a aprobación dun Plan de mellor da liña de ancho métrico Ferrolterra-Ortegal-A Mariña, o único tren existente no norte de Galicia.

Pídelle que se interese polo mal estado desta conexión que é obxecto de constantes queixas e denuncias de usuarios debido ás averías do parque móvil que provocan cancelacións de viaxes, retrasos e traslados en taxi ou autobús. Neste sentido, solicítalle a introdución de novas unidades, máis modernas e actuais. Demándalle aumentar a dotación de personal de forma que todos os servizos conten con interventores, máis maquinistas e se reforce a plantilla dos talleres.

Outra dos eidos que precisa medidas son as trincheiras a fin de asegurales e evitar os desprendimentos tan habituais en época invernal.

O tren: útil para a movilidade diaria en comarcas como A Mariña

Fernán Vello traslada ao Ministro de Fomento as deficiencias e o estado de total abandono que sofre esta liña, con moitos problemas entre Ferrol e Ribadeo e que é “unha fronte de enorme preocupación social, política e económica dado que na franxa norte non temos outros servizos ferroviarios”.

Salienta o potencial de comarcas como A Mariña con peso económico e industrial pero que non está a ser favorecida no eido das infraestruturas, nin viarias, cunha A-8 sempre pechadda, nin ferroviarias cunha antiga Feve en proceso de desmantelamento. Alude o deputado de En Marea aos “plans pantasma para o ancho métrico do anterior Goberno que nunca os efectivizou. Aínda estamos a agardar polo Plan de Reforzo que ficou esquecido nun caixón”.

O deputado de En Marea insta a Ábalos a apostar polo ferrocarril como medio ecolóxico que quita tráfico da estrada pero “debe contar coas prestacións, a calidade e as frecuencias óptimas e necesarias para a movilidade diaria dos viaxeiros. Debe estar en sintonía coa necesidades da poboación para ser útil e eficaz. Pero para eso debe haber compromisos concretos por parte de Fomento para melloralo”.

Download (PDF, 156KB)