Novas

En Marea demanda ao actual Ministerio de Fomento que non se negue a construir a pasarela peoníl sobre a N-VI á altura do Anxo Carro

photo6006006658578361281

Fernán Vello pide ao Ministerio presidido por Ábalos que cambie as constantes negativas do anteriores Goberno do PP a atender  a vella demanda da cidade de Lugo

Madrid, 24 de xullo 2018. O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, diríxese ao actual Ministerio de Fomento presidido por José Luis Ábalos para demandarlle a construción da pasarela peoníl sobre a N-VI á altura do estadio de Anxo Carro.

Pídellle que cambie as constantes negativas do anterior Goberno do PP a efectivizar unha infraestrutura que se demostrou necesaria e que sería de enorme utilidade para a movilidade da cidade de Lugo, e adopte unha posición positiva procedendo a satisfacer unha vella demanda social da cidade luguesa.

Consiste en solucionar un problema de seguridade vial

Lembra que en diversas ocasións nos temos dirixido ao Ministerio de Fomento ao longo da presente lexislatura, “pero sempre nos atopamos coa súa posición de bloqueo”. Os problemas de acceso da N-VI ao estuadio de fútbol desde a Calzada da Ponte, agudízanse durante as celebracións de competicións deportivas, como é de dominio público. “Téñense producido auténticos colapsos e con centos de persoas camiñando nas marxes da N-VI cos conseguintes problemas de seguridade vial que esto ocasiona”.

A alternativa que se pide é a construción dunha pasarela peoníl que daría seguridade aos vindantes e solventaría a problemática. “Que disposición ten o Ministerio a atender esta demanda? Comparte que se trata dunha infraestrutura que non reviste complexidade e que solucionaría o problema? Non cre que en seguridade vial non debe escatimarse?”.

Sinala Fernán Vello que nas últimas respostas a En Marea do anterior Goberno do PP, “recoñecía que  tiña coñecemento da problemática xerada pola presenza de peóns nas marxes  da N-VI polos cruces de persoas que se producen no entorno do estadio”, mais “continuou a optar pola inación a pesar de estar en risco a seguridade vial da xente” , afirma o deputado de En Marea. 

Download (PDF, 80KB)