Novas

En Marea demanda ao Ministerio de Turismo que mellore o estado da muralla do Parador de Monforte

photo5821074038351572261

Fernán Vello insta ao Ministerio a atender unha demanda que leva tempo sobre a mesa namentras advirte do fráxil estado da muralla medieval entre a Porta Nova e a Torre dos Cregos.

Madrid, 28 de setembro 2018. O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha iniciativa parlamentar dirixida ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para demandarlle que canto antes leve a cabo actuacións de mellora e rexeneración da parte da muralla medieval da fortaleza de San Vicente do Pino que pertence ao parador de Turismo de Monforte de Lemos (Turespaña).

Explica Fernán Vello ao Ministerio que recentemente o Parlamento de Galicia aprobou un acordó neste sentido.

Investir en mantemento

O tramo de muralla situado entre Porta Nova e a Torre dos Cregos está cuberto de maleza poñendo de relieve os traballos feitos polo concello a fraxilidade na que se atopa a muralla. “Esa é a razón da urxencia. Non é algo tan compricado nin custoso. Trátase de que o Ministerio realice un labor de mantemento dunha parte integrada no parador. Compételle desde que no ano 2003 cedeuse a titularidade deste monumento a Turespaña para a posta en marcha do parador de San Vicente no mosteiro benedictino”.

“Vai o Ministerio de Industria, Comercio e  Turismo emprender canto antes traballos de rexeneración e limpeza desta muralla? Podería comezar antes de rematar o presente ano 2018? É consciente do estado de abandono que presenta este tramo de muralla? Por qué non inviste na súa mellora cando é parte da súa responsabilidade?”, son algunhas das cuestións que traslada ao Ministerio.

Ademáis, Fernán Vello quer saber os dados de ocupación do parador no periodo 2017-2018 e que tipo de actividades relacionadas coa historia de Galicia, con Monforte e a cultura e lingua galega se teñen programado. 

Download (PDF, 71KB)