Novas

En Marea demanda a Catalá que dote a Vigo dos tres órganos xurisdicionais que pide o TSXG

dsc_0224

A deputada de En Marea traslada ao Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, as peticións urxentes do TSXG  para Vigo: unha praza de maxistrado na sede viguesa da Audiencia de Pontevedra, un Xulgado de Primeira Instancia especializado en Familia e outro do Social.

Pregunta: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/7afc6093-a2c4-405a-9a2f-00f91626c5ea/PREGUNTA_XULGADOS_VIGO.pdf

Madrid, 5 de outubro 2017. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha iniciativa parlamentar no Congreso dirixida ao Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, para demandarlle que dote a Vigo dos tres órganos xurisdicionais que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza considera urxentes.

Así, para Vigo o TSXG plantexa unha praza de maxistrado na sede viguesa da Audiencia de Pontevedra, un Xulgado de Primeira Instancia especializado en Familia e outro Xulgado do Social. Explica Fernández que a finais do pasado mes de xullo celebrouse a Conferencia Sectorial da Administración de Xustiza onde o Ministro anunciou a creación de 89 novas unidades xudiciais no estado e falou da creación de tan só catro novos xulgados en Galiza.

Non aos recortes na xustiza 

A memoria anual de Actividades do TSXG correspondente ao ano 2016, solicita para Galiza a creación de 8 novos xulgados, e prioriza tres en Vigo. Pon de manifesto que os xulgados de Vigo teñen no seu conxunto máis de 12.000 casos sen resolver. Destaca especialmente a intensa actividade dos Xulgados de Primeira Instancia e dos Xulgados do Social.

Reprocha a deputada de En Marea ao PP “a política de recortes masiva que tamén chegou á Xustiza onde se paralizaron os investimentos e a creación de Xulgados a pesares da grande masificación que experimentaron debido especialmente á posta en marcha da reforma laboral”. Para Alexandra Fernández é hora de que o Ministerio cambie as súas raquíticas políticas e atenda ás necesidades en materia de Xustiza a fin de ofrecer aos cidadáns unha xustiza áxil e de boa calidade.

Razón pola que pregunta ao Goberno se vai crear os tres órganos xurisdicionais en Vigo que reclama o TSXG. “En caso afirmativo, que prazos temporais manexa o Goberno para a ubicación de novos xulgados na cidade viguesa? E no resto de Galiza? Vai aumentar os medios materiais e humanos en materia de xustiza?