Novas

En Marea demanda á confederación Hidrográfica a adopción de medidas para paralizar os vertidos ao río Pesqueiras e un plan de rexeneración

DSC_0399

O deputado Miguel Anxo Fernán Vello presentou no Congreso unha proposición non de lei e unhas preguntas parlamentares para que o Pesqueiras recupera a súa vida e se poña fin ás prácticas ilegais

Madrid, 5 de diciembre 2017. O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha proposición non de lei e varias preguntas parlamentares no Congreso para demandarlle ao Ministerio de Medio Ambiente-Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que adopte as medidas precisas para paralizar definitivamente os constantes vertidos ao río Pesqueiras no municipio de O Saviñao.

Ademáis, ínstalle a aprobar un Plan de Rexeneración e Limpeza dest río que no pasado tivo un rico ecosistema e foi un coñecido río troiteiro. Fernán Vello que xa presentara outras iniciativas parlamentares debido aos residuos contaminantes que se verten ao río Pesqueiras, alerta ao Ministerio da crítica situación deste cauce fluvial que leva tempo sendo obxecto das constantes denuncias de colectivos ecoloxistas, asociación de veciños e incluso particulares.

Non mais vertidos ilegais ao río. Recuperar a súa vida

De novo, sinala o deputado de En Marea, “nos últimos días de novembro a veciñanza dunha aldea de O Saviñao que leva o mesmo nome que o río, voltou sofrer os malos olores procedentes do Pesqueiras, ademáis de presentar un desagradábel aspecto de color verdoso produto dos reiterados focos contaminantes. Desde hai tempo, apúntase a unha industria láctea próxima”.

Fernán Vello pón de manifesto a riqueza que tivo o Pesqueiras no pasado e a súa beleza ao pasar por ladeiras de viñedos até perto da Ribeira Sacra. Neste sentido, lembra a súa proximidade á Ribeira Sacra da que a Xunta está a tramitar a súa declaración como BIC. Explica o parlamentar de En Marea que a seca que “padece a zona xunto cos vertidos que fican impregnados nas pedras do río, son a causa do mal olor e do seu deterioro salvaxe”.

O deputado indica que nunha resposta do Ministerio a En Marea a finais de abril, a Confederación confirmaba a recepción das denuncias e sinalaba que “se incoaba un expediente sancionador one se acumulan todas as denuncias do ano 2016”. Descoñecemos cal foi a resolución do expediente, “motivo polo que formulamos unha serie de preguntas ao Ministerio de Medio Ambiente, para sabar se multou aos autores dos vertidos. É un acto ilegal que non pode quedar impune”. Fernán Vello apremia ao Ministerio a facer o posíbel para parar dunha vez estas prácticas ilegais e a proceder á aprobación dun Plan de Limpeza do río co obxectivo de recuperar a súa vida.

Download (PDF, 1.13MB)

Download (PDF, 1008KB)