Novas

En Marea demanda a Fomento medidas para reducir a sinistralidade na N-120

dsc_0197

O deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, alerta ao Ministerio dos accidentes producidos neste ano á altura da curva de Abrence e pide solucións para un lugar de frecuentes accidentes.

Iniciativa:https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/a36e6490-c960-4ede-8453-d6c6696608ed/55300_PREGUNTA_N_120_POBRA_DO_BROLLÓN.pdf

Madrid, 16 de novembro 2017. O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha iniciativa parlamentar no Congreso para demandar ao Ministerio de Fomento a adopción de medidas para solucionar os problemas de seguridade vial que ten a N-120 ao seu paso polo municipio de Pobra do Brollón, en concreto á altura da curva de Abrence.

“É coñecedor o Ministerio dos accidentes rexistrados neste ano na curva de Abrence? Vai Fomento a emprender actuacións de mellora da seguridade vial nese punto?”, son algunhas das cuestións que plantexa Fernán Vello.

A N-120 precisa melloras 

O deputado de En Marea alude aos diversos accidentes que se produciron desde xaneiro deste ano, e lembra que “a curva de Abrence foi considerada durante moitos anos un dos piores puntos negros. En 1998 levouse a cabo unha reforma do tramo e cambiouse o asfaltado por outro tipo de antideslizante. Reduciuse a sinistralidade durante tempo”. Pero en 2003 voltouse disparar.

Fernán Vello afirma que após do paso de todos estes anos, “a N-120 en Pobra do Brollón volta a ser escenario de accidentes e de problemas para a seguridade vial. A pesar diso non foi obxecto de actuacións por parte de Fomento nos últimos exercicios orzamentarios”.

Lembra que o pasado mes de febreiro o Congreso aprobou unha proposición de En Marea para que se mellore a N-120 entre Pantón e Penalba, o segundo tramo máis perigoso do Estado segundo o informe EuroRAP.

A “iniciativa de En Marea contou cos votos en contra do PP, cecáis por iso o Ministerio non está a facer nada”. Razón pola que pregunta ao Goberno se vai cumprir coa proposición aprobada e se vai solucionar a perigosidade desta estrada nos puntos mencionados.