Novas

En Marea demanda a Fomento a mellora do tren en Monforte e chama a atención sobre a parálise do Porto Seco

photo6006006658578361281

 deputado de En Marea diríxese a Ábalos para demandarlle a modernización do ferrocarril ao paso por Monforte e pregunta polo grao de compromiso coa conexión Ourense-Lugo .

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/5772827d-dc1d-4f30-a770-744cba4cd0e4/PREGUNTA_PORTO_SECO_MONFORTE.pdf

Madrid, 25 de septiembre 2018.  O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, diríxese ao Ministerio de Fomento para trasladarlle a situación de parálise que sofre o Porto Seco de Monforte de Lemos, baleiro catro anos após da súa inauguración por parte de Feijoó en compaña doutros cargos da Xunta e do estado.

Un Porto Seco parado, sen accesos e sen melloras no tren

“Anos mais tarde e a pesar da propaganda do PP, a que ía ser unha Plataforma Loxística onde recalarían as mercadorías de distintos puntos de Galiza, continúa baleira e sen uso”, enfatiza Fernán Vello quen responsabiliza en primeira instancia á Xunta deste estado de cousas que se tomou “con moita parsimonia a construción dos accesos viarios”.

En segundo lugar, subliña o deputado de En Marea, “tampouco se fixo nada no terreo da mellora do ferrocarril, outra infraestrutura imprescindíbel para impulsar unha Plataforma Loxística”. Explica ao Ministerio que desde o ámbito social, económico e político demandouse en moitas ocasións a activación de medidas para potenciar as infraestruturas.

Ademáis, o parlamentar de En Marea lembra o debate existente en torno á exclusión de Galicia dos corredores básicos da Rede Transeuropea de Transporte. “A presión política, social e económica, entre elas a realizada por En Marea que sempre apostou por un corredor Cantábrico que unise en liña aos principais portos da franxa noroeste, provocou que o Goberno tivese que mover ficha en Europa. Mais os distintos Gobernos do estado desbotan constantemente esta idea, e o último que está sobre a mesa é unirse ao Corredor Atlántico pasando por Monforte, desde A Coruña-Vigo-Monforte-León-Palencia”.

Pois ben, continúa Fernán Vello, “se a idea é impulsar un subcorredor así, o normal é contar coas infraestruturas ferroviarias precisas. Debe haber investimentos no ferrocarril para modernizar a liña Monforte-Valdeorras-Ponferrada-Palencia, ademáis de incentivar a liña Ourense-Lugo”.

“Que previsións manexa o Ministerio  en relación á mellora do ferrocarril en Monforte? Vaise mellorar a liña aludida? Cal é o  grao de compromiso coa liña Lugo-Ourense? Abordou coa Xunta o tema do Porto Seco? Cre que é viábel unha Plataforma Loxística que non conta cos debidos accesos ferroviarios e viarios? Vai apostar en serio polo tren en Monforte e en Lugo en xeral?”, son algunhas das cuestións que traslada a Ábalos.

 

Download (PDF, 127KB)