Novas

En Marea demanda a Fomento que axilice a posta en servizo do novo ILS en Peinador

photo_2017-09-28_12-25-17

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, explica a Ábalos que desde a desconexión o pasado 7 de maio do ILS anterior, perdéronse máis de 117 enlaces e hai miles de pasaxeiros afectados. Vai o Ministerio a acelerar a operación de substitución do ILS?”.

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/2d3ff14b-f0bc-44ff-8e87-ce28d9d28edb/PREGUNTA_ILS_PEINADOR.pdf

Madrid, 12 de xuño 2018.  A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou este martes unha batería de preguntas dirixidas ao novo Ministro de Fomento, José Luis Ábalos, para demandarlle celeridade na posta en servizo do novo ILS no aeroporto de Peinador en Vigo, posto que “a situación de continuos desvíos ou cancelacións de voós empeza a ser insostíbel para os viaxeiros, para a economía de Vigo e para a imaxe do aeroporto”.

Impacto socio-económico moi negativo para Vigo pola cancelación e desvíos de voós

Fernández explica ao Ministro de Fomento que o 7 de maio desactivouse o sistema ILS anti néboa, o asistente de aterraxe en caso de néboa. A razón é que debe substituirse por un novo debido a que expiraba a vida útil do anterior.

“Pasou xa mais dun mes, e os problemas nos voós van in crescendo. A climatoloxía adversa provocou que en maio se cancelasen 43 voós ou desvíos. Na primeira semana de xuño, víronse afectados 67 voós. Desde a desconexión do ILS perdéronse máis de 117 enlaces e hai máis de 14.000 persoas afectadas”.

A deputada de En Marea demanda a Ábalos que axilice a operación porque “esta nefasta situación está a ter un impacto socio-económico en Vigo, además de causar moitos problemas e trastornos aos miles de pasaxeiros e danar a imaxe do aeroporto”.

¿Cando estará operativo o novo ILS? É posíbel que esté neste mes? Vai o Ministerio a axilizar o proceso para parar o nefasto impacto socio-económico que o constante desvío e cancelación de voós ten para Vigo? É posíbel actuar con maior premura?”