Novas

En Marea demanda a fomento que canto antes arranxe os destrozos no vial OU-114 provocados polas obras do AVE en Castrelo do Val

2017-01-12 12.47.59

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, traslada ao Ministerio o malestar dos veciños e veciñas desta localidade que hai pouco saíron á rúa a exixir a rehabilitación dun vial de uso cotiá.

Iniciativa: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/9c0111e8-5096-4932-a74e-b5ec5d701660/PREGUNTA_CASTRELO_DO_VAL_ESTRADA_FOMENTO.pdf

Madrid, 7 de setembro 2017. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou unha batería de preguntas no Congreso para demandarlle ao Ministerio de Fomento que canto antes proceda a arranxar os destrozos que as obras de execución do AVE causaron no vial OU-114 á altura de Castrelo do Val.

A parlamentar de En Marea traslada ao Ministerio o malestar dos veciños e veciñas da localidade que recentemente saíron á rúa a exixir a reposición da estrada. “Preocupa o enorme impacto que as obras de Adif xeraron no vial provocando un problema de seguridade vial debido aos baches e socavóns causados”.

Fomento debe ser máis serio

Alexandra Fernández recolle as explicacións do consistorio que sinalou que hai ano e medio aprobáronse as actuacións de mellora da estrada, e aínda a estas alturas, Fomento segue sen emprender as actuacións para a súa reparación”. Destaca a parlamentar de En Marea que o vial OU-114 é de uso habitual para os traslados á cidade de Ourense, e que “desde que está en mal estado, os veciños e veciñas non só padecen un problema de seguridade vial senón que tamén sofren un problema de perda de tempo. O deterioro da calzada obrígalles a conducir despacio e prolongou os tempos de viaxe”.

A deputada de En Marea lembra que Adif adxudicou a finais de 2016 a reparación de varios viais de titularidade autonómica e provincial, pero nada fixo.

Razón pola que pregunta a Fomento a que se debe a demora á hora de arranxar os destrozos das obras do AVE cando compromete a seguridade dos habitantes da zona. “Cando prevé rehabilitar o firme desta estrada? Non cre que debería ser máis áxil cando se trata de temas deste tipo?”.