Novas

En Marea demanda á ministra Magdalena Valeiro a cesión ao concello de Vigo do antigo centro de saúde de Teis para destinalo a unha biblioteca

4c7a04f6-ed99-470a-942d-2ac56260e7da

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, afirma que “as reticencias do anterior Goberno do PP foron constantes” polo que “agardamos que a Ministra actual non siga a mesma liña e contribúa a facilitar a dotación de infraestrutura cultura nun bairro que o precisa”.

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/530e9b28-6f68-4b0f-ae11-4d82ce7267cb/PNL_CESIO_N_CENTRO_SAU_DE_TEIS.pdf

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/9365bb3a-e859-438f-a16f-fbf7d91d11e4/PREGUNTA_CESIO_N_CENTRO_SAU_DE_TEIS.pdf

Madrid, 11 de xuño 2018.  A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, presentou unha proposición non de lei e unha batería de preguntas dirixidas á nova Ministra de  Traballo e Seguridade Social, Magdalena Valerio, para demandarlle a cesión gratuita ao concello de Vigo do antigo centro de saúde situado no barrio vigués de Teis co obxectivo de destinalo a unha Biblioteca, unha ludoteca e un local xuvenil.

A deputada de En Marea explica á Ministra que no ano 2002 este antigo ambulatorio pechou toda actividade. O edificio é propiedade do Ministerio de Seguridade Social. Desde entón, “son reiteradas as demandas dos veciños e das veciñas, do concello e das organizacións políticas para que o Ministerio ceda a propiedade e poder destinala a usos socio-culturais”.

Alexandra Fernández indícalle á Magdalena Valerio que mesmo no pasado mes de xaneiro a Asociación de Veciños do bairro de Teis dirixiuse ao anterior Subdirector Xeral de Xestión do Patrimonio e Contratación da Seguridade Social  sobre este tema.

É importante para o barrio de Teis

A deputada de En Marea salienta “as constantes reticiencias por parte do anterior Goberno de Rajoy. Utilizaron excusas de mal pagador como a alusión á existencia dun proxecto para unha propiedade que leva años en estado de abandono. No reverso das argumentacións, cremos que se atopaba o propósito do Ministerio de facer negocio cun ben público, posto que non era partidario dunha cesión gratuita”. Lembra neste sentido que “chegaron a intentar subastar este edificio en tres ou catro ocasións sen éxito”.

Considera Fernández que “a venda dun edificio que demanda outra administración pública, a local, non debe ser obxecto de especulación ou venda. A cesión entre administracións debe ser gratuita. É unha forma de que o Ministerio compense a falla de dotacións nun bairro como o de  Teis cun importante peso poboacional pero con moitas deficiencias en canto a dotacións deste tipo”.