Novas

En Marea demanda a RENFE o reforzo do persoal de venda de billetes nas estacións de Vigo-Guíxar e Pontevedra

DJ_sQhTXUAAoPGY

A deputada Alexandra Fernández denuncia os recortes de Renfe que están a perxudicar a traballadores/as e usuarios pola redución do horario de venda en taquilla

Madrid, 14 de maio 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, diríxese ao Ministerio de Fomento nunha iniciativa parlamentar para demandarlle que reforce canto antes o personal adicado á venda de billetes nas taquillas da estación de Vigo-Guíxar e de Pontevedra, entre outras.

Os recortes reduciron o horario de venda en taquilla

Alexandra Fernández denuncia que Renfe está a recortar en personal neste serizo. Desde o pasado 7 de maio, só se poden adquirir billetes en taquilla no horario reducido de 15,15 a 19,30 horas, catro horas ao día cando antes estaban abertas 9 horas diarias. “As razóns hai que buscalas na falla de personal dado que Renfe non cubre as baixas e o personal existente non pode facer fronte en solitario ao horario completo. Estes recortes están a causar importantes problemas e trastornos aos usuarios polo empeoramento do servizo de venda, ademáis de colas”.

Unha situación, especifica Alexandra Fernández, que está provocando o aumento de reclamacións por parte dos usuarios, ademáis de sobrecarga de traballo no insuficiente personal existente. Critica a deputada de En Marea que o desinterese d Renfe que “non lle preocupa que se ofereza un mal servizo, nin tampouco a situación do personal nin siquera a imaxe da compañía”.

Alexandra Fernández pide explicacións á compañía ferroviaria e ínstalle a cubrir as baixas e as insuficiencias na dotación de personal en Vigo-Guíxar e en Pontevedra, ademáis doutras estacións que tamén están a rexistrar problemas como a de Urzáiz ou de Vilagarcía.

Download (PDF, 99KB)