Novas

En Marea demanda a Tejerina que cumpra a recomendación do comité científico do Ministerio para declarar o eucalipto especie invasora

1335201581_664224_1335202105_noticia_normal

Alexandra Fernández alude ao Informe elaborado polo Comité Científico do Ministerio a requerimento do alcalde de Teo e pregunta á Ministra: Vaino cumprir? En caso contrario, a que se debe a resistencia, garda relación cos intereses de Ence?” 

Madrid, 9 de abril de 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, diríxese á Ministra de Agricultura e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, para demandarlle que “sexa coherente” e cumpra co Informe do Comité Científico do propio Ministerio para incluir as distintas especies de eucalipto no Catálogo Español de Especies Invasoras.

A deputada de En Marea lembra que esta é unha petición de En Marea desde que “chegamos ao Congreso”. Recolle na súa iniciativa parlamentar o escrito dirixido polo alcalde de Teo en decembro pasado á Direción Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para que se incluise as especies de Eucalyptus no Catálogo de  Especies Invasoras. A Direción Xeral solicitou consulta aos órgaos ambientais, e o Dictame do Comité Científico é claro: conclúe que se debería incluir no Catálogo a todas estas especies, así como “calquera outra especie deste xénero cuxo destino sexa a explotación forestal, debido ao alto risco de invasión por estas especies consecuencia das súas características biolóxicas, fisiolóxicas e ecolóxicas”.

O impacto medioambiental do eucalipto é incontestable

Alexandra Fernández afirma que “o impacto do eucalipto e a súa grande estensión no modelo forestal de Galiza, debido a unha política ao servizo dos intereses madereiros de Ence, foi sempre obxecto de enorme preocupación por parte de En Marea”. Con motivo da vaga de lumes de 2017, sinala, voltamos abrir o debate sobre a necesidade de limitar as plantacións e prohibir novas como se fixo en Portugal. Mais, puntualiza, “o partido no Goberno sigue empeñado en servir fielmente aos intereses das empresas papeleiras”.

Para a deputada de En Marea “o Dictame do Comité Científico substéntase nunha base acreditada que o Goberno debería levar a efecto. Do contrario, teremos que continuar pensando que é unha cuestión política e económica a que move a política forestal do PP en lugar do interese colectivo e medioambiental”.

“Vai o Goberno a incluir as distintas especies de eucalipto no Catálogo de Especies Exóticas Invasoras? Vai cumprir coa recomendación do Comité Científico? En caso contrario, ¿Cal é o motivo? Cal é a causa da resistencia, garda relación cos intereses económicos de Ence?”

 

Download (PDF, 136KB)