Novas

En Marea denuncia a conxelación das partidas orzamentaria para Galicia neste 2018

cb3e4ede-64ed-4ac5-b043-904f2ed39bb2

O Goberno de Rajoy perpetúa o recorte do 32% dos orzamentos para Galicia en 2017.

Máis do 46,8% do orzamento do Estado para Galicia vai destinado ao AVE, cando na actualidade coñecemos que hai un incumprimento sistemático dos prazos de execución. 

Especialmente dramática é a situación de Lugo e Ourense, que sofren fortes baixadas de investimento, cun 20,3% e un 11,6% menos, respectivamente. 

Rolda de prensa conxunta: https://youtu.be/mp6nlWnLUGM

Madrid, 3 abril de 2017. O grupo de En Marea no Congreso fixo este martes unha valoración negativa dos orzamentos do Estado, dado que se conxelan as partidas orzamentarias para Galicia neste 2018, despois de que se recortasen máis dun 32% no pasado ano.

En Marea denuncia que estamos nun dos niveis de investimento máis baixos dos últimos quince anos, ante a ausencia de novos proxectos.

“O Estado consolida a redución do investimento en Galicia. O Estado conxela o investimento en Galicia a respecto do 2017 logo de caer 32,9%, ou sexa, perdeu 1 de cada 3€ de investimento en 2017 e agora nos tempos de recuperación económica mantén os peores datos das últimas décadas”, sinalou a deputada de En Marea Yolanda Díaz.

Este investimento concéntrase principalmente no AVE, que absorbe o 46,8% de todo o investimento do Estado en Galicia, “unha infraestrutura que debería estar rematada hai máis dunha década continúa concentrando gran parte dos fondos destinados ao noso país, e isto débese á falta de execución de anos anteriores”.

“Por tanto o incumprimento dos compromisos con Galicia débense tamén á baixa execución. Trátanse duns orzamentos que de forma sistemática se incumpren polo que resulta un fraude para o noso país”, denunciou Díaz.

“En Galicia falamos de contas conxeladas e desequilibradas, cando en realidade precisamos orzamentos para garantir a calidade de vida e a cohesións interna a través de infraestruturas de cercanías”, sinalou a parlamentaria

Especialmente dramática é a situación de Lugo e Ourense, que sofren fortes baixadas de investimento, cun 20,3% e un 11,6% menos, respectivamente.

Emprego e pensións 

Díaz denunciou tamén o contexto de forte baixada de salarios e deterioro do emprego de calidade.

“A política do Goberno está baseada en destrozar o emprego de calidade”, sinalou a deputada, que destacou que no ano 2017 había 2.5 millóns de persoas en desemprego e consignábanse 7.200 millóns. Agora, con 3.5 millóns de desempregados, só hai unha consignación de 5.7 millóns”

Ademais, Díaz destacou que estes orzamentos non solucionan o problema de recaudación fiscal.

“Véndennos unha subida das pensións das viuvas cando é un mandato dende 2011. Subir as pensións non contributivas un 3% é unha broma de mal gusto. O que cómpre facer é garantir pensións dignas para a xente”.

Estes orzamentos mostran que o Goberno non ten vontade de revalorizar as pensións en relación ao IPC.

En conxunto, estes orzamentos reforzan as desigualdades. O aumento do PIB non está revertindo na maioría social, cun gasto público sete puntos por debaixo da media europea.