Novas

En Marea denuncia a exclusión do caso das Caixas Galegas no ditame final da Comisión de investigación da crise

photo6019404108978564023-720x481

Ademais, neste ditame recórtase o relato de malas prácticas das entidades financeiras, entre elas as estafas aos cidadáns, que quedan completamente esquecidos no informe.

Peza separada das caixas galegas presentada por En Marea:
https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/fea091be-6801-426c-bd32-0ccaa570da27/CAIXAS_GALEGAS_COMISION_CRISE_FINANCIEIRA.pdf
Audio: https://bit.ly/2QnT8Po

Madrid, 29 de novembro de 2018. Este xoves votouse no Congreso o ditame de resolución da Comisión de Investigación da crise financeira, no que participou activamente En Marea e no que finalmente nos abstivemos.

A deputada Yolanda Díaz denuncia que os estudos de caso en profundidade realizados sobre as caixas de aforro galegas, así como das catalás, valencianas e baleares, non foron incluidos nin mencionados específicamente no ditame final da Comisión.

“O caso das caixas galegas non foi incluido no ditame final cando quedaron probadas as práticas irregulares por parte dos diretivos das caixas galegas e cun proceso de fusión totalmente irregular”, asegura Díaz, que destaca que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi o seu principal promotor.

“Foi unha estafa con máis de 10.000 millóns de euros invertidos”, denuncia.

No ditame presentado polo noso grupo, especificábamos que o caso das caixas de aforros galegas, Caixa Galicia e Caixanova, pode considerarse como paradigma do proceso de desenvolvemento, crise e reformulación que afectou ás entidades bancarias e financeiras españolas en xeral, e ás caixas de aforros de xeito particular.

“Por unha banda, detéctanse no seu modelo de funcionamento toda unha serie de malas prácticas, promovidas polos seus administradores e xestores, asumindo e ocultando un excesivo risco sen o debido seguimiento dos criterios de prudencia, equilibrio e sostibilidade, e mediante prácticas perversas en contra dos intereses dos aforradores e pequenos inversores, a estabilidade das propias entidades e do sector financeiro no seu conxunto”, sinala o texto.

Por outro lado, destácase a “cooperación necesaria de gobernos e entes reguladores, que implementaron marcos normativos, regulatorios e institucionais propicios para o desenvolvemento dun modelo de carácter especulativo que derivou na xestación, crecemento e explosión da burbulla inmobiliaria e financeira”.

Todo iso supuxo, segundo comenta a deputada, “a prevalencia de determinados intereses privados de ámbito político e económico fronte aos intereses xerais da sociedade no seu conxunto”.

Ademais, constátase a “deixamento de funcións por parte das institucións encargadas da supervisión financeira, a pesar das evidencias en relación ás malas prácticas operadas polas entidades financeiras e aos diferentes indicadores.

Esto aconteceu sen esquecer os máis de 1800 millóns de euros que as caixas galegas colocaron en participacións preferentes e obrigas subordinadas a pequenos aforradores con escasos ou nulos coñecementos financeiros, cun total de 116.660 persoas afectadas en Galicia.

“Quedou meridianamente claro que os responsables últimos desta estafa foros as propias entidades emisoras”, sinala a deputada, destacando as grandes mobilizacións dos afectados e afectadas polas preferentes, que se atoparon un camiño “cheo de obstáculos”.

A deputada de en Marea considera que o informe aprobado hoxe está “incompleto” porque se recorta “todo o relato de malas prácticas das entidades financeiras, entre elas as estafas aos cidadáns”.

“Non se fala apenas das preferentes, das hipotecas mal concedidas e moito menos dos desafiunzamentos, por iso desde En Marea reclamamos unha crítica profunda e seria a todo o acontecido e un cambio de modelo”.

Yolanda Díaz advirte tamén que as malas prácticas volven proliferar na banca. “Non aprendemos dos erros do pasado, e agora ademais dos cartos dos pequenos aforradores, tamén están en risco os postos das personas traballadoras nos bancos, que se ven obrigados, moitas veces baixo coacción, a seguir colocando productos tóxicos aos clientes”.