Novas

En Marea denuncia a falta de vontade do PP para poñer en marcha a comisión de invetigación do Alvia

slide-image-1_2

En Marea presentou un escritó á Mesa do Congreso e conseguiu que se pronunciase a favor de poñer en marcha a Comisión de Investigación a pesar da falta de vontade do Partido Popular. 

Madrid, 6 de febrero do 2017. En Marea levou este martes á Mesa do Congreso o escrito rexistrado por En Marea a pasada semana, no que pedimos a creación “urxente e inmediata” da Comisión de investigación do accidente do Alvia no que faleceron 81 persoas e houbo máis de 130 feridos. 

A Mesa pronunciouse a favor, pero sempre e cando “todos os grupos presenten as súas proposta de nomeamento dos deputados e deputadas que conformarán esta comisión”, a pesar de que só quedaría un deputado ou deputada por nomear do Grupo Mito.

“Os argumentos que da o Partido Popular na Mesa son os que nós non compartimos. É unha cuestión de vontade política e non de que estén os membros designados da comisión, porque hai outros casos de comisións que non teñen designados todos os seus membros e puxéronse en marcha igualmente”, asegurou este martes a deputada de En Marea, Alexandra Fernández.

Ademais, engadiu que consideramos que “transcurriu suficiente tempo, máis de catro meses, desde a aprobación desta comisión, por lo que non pode pasar máis tempo”.

Download (PDF, 31KB)