Novas

En Marea denuncia no pleno a matanza de civiles en Palestina e pide ao Goberno que deteña o comercio de armas con Israel

photo6023647351983418238

 

Madrid, 9 de maio de 2018. O deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, denunciou no pleno a matanza de civiles en Palestina nas últimas semanas e pediu ao Goberno que deteña o comercio de armas con Israel.

“Que fai o seu Goberno ante a ofensiva militar contra civís en Gaza? Venres tras venres atopámonos con francotiradores disparando á poboación civil en manifestacións pacíficas”, sinalou o deputado.

Gómez-Reino lembrou os 19 mortos o venres 30 de marzo; os 13 falecidos do 6 de abril; os 7 do 13 de abril… “e así venres tras venres, ata 44 falecidos. Isto non merece nin un comunicado do Goberno?”, preguntouse.

Ante esta situación, denunciou que o Executivo español “continúa co comercio de armas con Israel, un Estado que comete cada día crimes de guerra e se burla da legalidade internacional”.

“A ministra de Defensa axiliza a venta de armas. O ministro de Asuntos Exteriores, mentres, mira e cala. A súa política exterior é subalterna e servil”, denunciou Gómez-Reino.

“Xa sabemos que os Gobernos do PP sempre miran para outro lado ante os poderosos. Igual que cando mataron a Jose Couso ou a Julio Anguita Parrado”, engadiu. 

Pola nosa banda “Traballaremos pola paz en Palestina. Deteñamos a matanza de civís. Deteñamos o bloqueo a Gaza”, insistiu o parlamentario, que insistiu na petición de recoñecemento do Estado Palestino.