Novas

En Marea denuncia no Senado a “permisividade” coas “cacerías masivas” de raposos en Galicia

_MOA3496

Madrid, 1 de febreiro. A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, criticou na Cámara Alta “a permisividade” coas “cacerías masivas” de raposos en Galicia, como a que se vai celebrar nos próximos días.

Angustia rexistrou no Senado unha batería de preguntas parlamentarias nas que pregunta ao Goberno por estas cacerías intensivas, polo emprego de munición de plomo, a pesar de que incumpre unha directriz internacional, e polas potenciais medidas legais para impedir novos eventos pseudodeportivos relacionados coa caza.

Na súa exposición de motivos, sinala que “diversos estudos científicos internacionais apuntan o impacto negativo destas macrocacerías”, que supoñen “unha recoñecida dispersión de elementos altamente nocivos e contaminantes, como o plomo”.

Ao seu xuízo as batidas “non serven nin para realizar un hipotético control da poboación de raposos nin demostraron eficacia algunha en canto ás reclamaciones efectuadas por posibles danos en cultivos”.

“Ao igual que aconteceu en Escocia, Inglaterra ou Gales, pensa o Goberno español traballar nunha medida de prohibición do uso de cans nestas batidas para reducir a crueldade das mesmas?”

Download (PDF, 134KB)