Novas

En Marea denuncia “o absoluto abandono de Lugo” nas infraestruturas competencia de Fomento: tren, pasarela de Anxo Carro, Praza Fontao, Ponte Nova e A-54    

photo5443107239742253108

O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, acompañado da concelleira de Lugonovo, Cristina Pérez, criticou diante da estación de tren “a exclusión de Lugo da modernización e da mellora ferroviaria, a deixadez da Praza Fontao, a negativa de Fomento a instalar unha pasarela para facilitar o tránsito ao Anxo Carro”.
Audios:https://soundcloud.com/marina-sanchez-testas/rolda-de-prensa-en-marea
https://soundcloud.com/marina-sanchez-testas/rolda-de-prensa-en-marea-2

Madrid, 31 de xaneiro 2018. O portavoz de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, visitou esta mañá a cidade de Lugo e diante da estación de tren compareceu ante os medios para denunciar “o absoluto abandono e deixadez que o Ministerio de Fomento e o Goberno de Rajoy en xeral practica coa cidade luguesa”.

Nulos investimentos na mellora do tren

En primeira instancia, Fernán Vello criticou a “exclusión de Lugo da modernización e mellora das infraestruturas ferroviarias. Lugo está á cola en infraestruturas ferroviarias porque o modelo de tren do PP marxinouna.  Temos estacións de tren como esta e temos liñas ferroviarias pero sen frecuencias e servizos habituais, cun parque móbil sen modernizar e esmorecendo como no caso da antiga Feve na Mariña”.

O deputado sinalou que “Lugo ten potencialidade e precisa comunicacións habituais, servizos de proximidade con A Coruña, con Monforte, con Ourense pero os servizos son contados e nada adaptados ás necesidades da poboación. Ademáis, carecemos de conexión con Santiago. Non se inviste na mellora do tren nin se aumentan os servizos. Non se fan inversión ferroviarias en Lugo aprofundando así o défice que xa padecemos nesta materia”. Lugo á a grande marxinada en materia de infraestruturas ferroviarias e servizos de tren, o mesmo Feijoó chegou a recoñecelo o ano pasado pero nada fai.

A Praza Conde de Fontao sen rehabilitar

Por riba, enfatizou en alusión á praza onde se sitúa a estación ferroviaria, “a Praza de Conde Fontao sofre un deterioro enorme. Dirixímonos a Fomento para demandarlle unha rehabilitación deste entorno que en tempos foi un fervedoiro de actividade até que empezou o desmantelamento do tren. Parte da praza é competencia de Fomento, mais non ten ningunha previsión de acordar un Convenio co concello para a súa reforma”.

Sen pasarela ao Anxo Carro porque Fomento négase

“A desidia e a indiferencia de Fomento é un suma e sigue. Demandámoslle nun sinfín de ocasións a construción da pasarela peoníl que facilite o acceso ao estado Anxo Carro, pero atopamos a mesma actitude de rexeitamento e negativa con outra das necesidades da cidade. En Lugo levamos anos pedindo esta simple infraestruturas que melloraría enormemente a seguridade vial e solucionaría os problemas que se producen na celebración de competicións deportivas nas fins de semana”. Fernán Vello censurou a negativa do Ministerio cando en “respostas a esta deputado ten admitido os problemas mais reduce as alternativas a unha ación de vallado da zona que se demostrou claramente insuficiente”.

A-54 sen data de remate

No que atinxe á autovía A-54, Santiago-Lugo, Fernán Vello criticou “a súa espectacular demora. Preguntamos en numerosas ocasións polos prazos, sen ir mais lonxe neste mesmo mes de xaneiro formulamos unha batería de preguntas ao  Goberno para pedirlle concreción e datas exactas de remate deste vial do que o PP leva anos facendo propaganda, anuncios e fume sen rematala”.

A Ponte Branca escurecendo pola desidia de Fomento 

O voceiro de En Marea no Congreso continuou a enomeración das tarefas pendentes por parte da Administración central en materia de infraestruturas en Lugo como o desdoblamento da Ronda Norte e a necesidade de ubicar unha pasarela peoníl sobre a vía á altura do polígono das Gándaras para comunicar ambas marxes da estrada, “un vial que concentra un elevado volumen de tráfico”.

Mais unha vez o Ministerio de Fomento, sinalou que “tiña un proxecto de pasarela” pero nin concretou prazos nin licitación e nada fixo: “outra mostra de abandono”. Igual sucede coa demanda dunha rotonda no cruce da N-VI coa Avenida Alfonso X. “Tan só observamos como Fomento pasa a pelota ao concello e viceversa, pero a actuación sen facer a pesar de que se trata dun punto inseguro e conflitivo”.

A Ponte Nova ou ponte branca é outra das infraestruturas pasto do abandono, sen investimentos en mantemento a pesar do seu alto custe financeiro. “Pedímoslle a  Fomento inversións na conservación da ponte e resulta que pasou a pelota ao concello aínda cando é unha ponte construida polo Ministerio”, asegurou Fernán Vello.