Novas

En Marea denuncia o “escándalo das presións do PP e de Ana Pastor para que rectifique o expresidente da CIAF”

Captura de pantalla 2018-10-03 a les 20.32.50

Alexandra Fernández criticou as manobras e o procedemento “para que Vicente Rallo rectifique as acusacións a Pastor na súa comparecencia de esta mañá”. 

Enlace para descargar a segunda comparecencia de Vicente Rallo. Intervención de Alexandra Fernández no minuto 4’10”: https://wetransfer.com/downloads/a7f83936abdda18270fb455c25eae7df20181003180025/8c0c2d9ab62c1d09226910525cbacd4520181003180026/b09bbd

Madrid, 3 de outubro 2018. A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, e portavoz na Comisión de Investigación do Alvia, denunciou esta tarde “o escándalo” das presións do PP e da terceira Autoridade do Estado, a Presidenta do Congreso Ana Pastor, para obrigar ao Ex presidente da CIAF, Vicente Rallo, a desdecirse ás 19 horas das súas afirmacións de pola mañá.

A deputada Alexandra Fernández preguntou esta mañá: “Non se debería voltar investigar o accidente do Alvia?”. Cuestión á que o Ex Presidente da CIAF respostou afirmativamente: “Non me parecería mal que se voltase a investigar. Podería ser que fose convinte á vista das circunstancias que se están a plantexar. Xa o dixen cando desde a UE, a ERA, se nos enviou o documento. Díxenllo á Ministra [en alusión a Ana Pastor], hai que facer unha investigación, faise táboa rasa e iniciamos de novo a investigación. E ela díxome: “non, non, está acabado, presentado e liquidado”.

“Ao mellor pola mañá falei demasiadas cousas”

Vicente Rallo pediu ante a Comisión ás sete da tarde comparecer de novo, fóra da orde do día da propia comisión. A parlamentar de En Marea puxo de manifesto que “o que se confirma agora aquí é o que se leva facendo durante tempo: Que existen unhas presións políticas moi grandes”.

“Non é de recibo que ás 11 horas diga que Ana Pastor, a Ministra nese momento, se negase a reabrir unha nova investigación, e que agora rectifique. Faino polas presións da terceira Autoridade do Estado”.

O Ex Presidente da CIAF, que incorreu nun total serial de incoherencias, dixo que “preguntara ao pleno da Ciaf sobre reabrir a investigación” e que “viña a rectificar un erro que fixo na súa exposición” alegando que “se lle deslizou a palabra ministra”.

Ademais, tamén cambiou a versión da mañá na cuestión de reabrir a investigación. Pola tarde, respondeulle a Alexandra Fernández non ve viable reabrir unha nova investigación.

Para finalizar, e ante as súas propias contradicións, Rallo rematou dicindo que “ao mellor pola mañá falou demasiadas cousas”.