Novas

En Marea denuncia o veto do Goberno e presenta a Alternativa aos Orzamentos do Estado

photo5854782432044230877

Audios: 
Primeira parte: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/15eb32f6-734a-4dfa-80c3-85eb34c25fd6/Yolanda_e_Tone.mp3

Segunda parte:  https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/c88b9664-a290-4838-84ce-8b5dba4dc5c3/Alexandra_e_MA.mp3

Terceira parte: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/c773e9ac-7406-4576-961b-e4754058f4bb/Pam_e_Vane.mp3

A Coruña, 26 de maio de 2017. O grupo de En Marea nas Cortes presentou este venres a súa Alternativa aos Orzamentos do Estado e denunciou o veto do Partido Popular e os seus aliados, como Ciudadanos.

“Presentamos máis de 300 emendas aos Orzamentos Xerais do Estado. É unha proposta alternativa de modelo de orzamentos aos presentados polo PP, que só profundizan na axenda de destrución do Estado do Benestar e na fenda social existente”, asegurou o voceiro no Congreso, Antón Gómez-Reino.

Ante esta situación, o deputado denunciou “o triple engano nos orzamentos do Estado do PP: o desplome do investimento, que ano tras ano se moven partidas que non se executan e que non se pode reducir Galicia a quilómetros de AVE”.

Pola contra, a proposta de En Marea vai en 6 sentidos: pechar a fenda social, impulsar o investimento en Galicia, garantir emprego de calidade, reforma da política tributaria, promover un cambio de modelo produtivo e loitar contra o fraude.

Por materias, a deputada Yolanda Díaz destacou que en Industria vetáronse infraestruturas tan relevantes para o modelo produtivo galego como o que ten que ver con Navantia ou o dique seco.

“Presentamos emendas que avanzan na configuración dun modelo industrial que poña o acento na modernización do noso país. Precisamos un pacto pola industria con deseño industrial propio galego”, sinala, que tamén destacou a importancia da banda ancha a todo o territorio galego para evitar ser “cidadáns de segunda”.

En materia económica, de emprego, de pensións, de sector primario “estes orzamentos son contra Galicia. Están pensados contra o noso país”, engade Díaz.

Pola súa banda, a deputada Alexandra Fernández destacou que Galicia “é a peor parada” dado que o PP “está incumprindo os seus propios orzamentos” e porque o PP “fai propostas a curto prazo, que nos custan o dobre”.

Fernández, por Fomento, insistiu en que ao Goberno pedímoslle “un compromiso pola chegada do AVE a Galicia, e avanzar noutro modelo de infraestruturas”.

“Vemos unha falta de compromiso por parte do Ministro de Fomento en relación aos compromisos co noso país”, asegurou a deputada, que insistiu na crítica ao modelo do PP “que sigue teimando no modelo centralista, que reproduce o modelo de Estado e que é contrario aos intereses de Galicia”.

Ante esta situación, En Marea defende “a descentralización en materia de infraestruturas, na que Galicia ten que xogar o seu papel potencial e estratéxico a través da conexión cantábrica e atlántica”.

En Cultura, o deputado Miguel Anxo Fernán Vello destacou “o impulso que outorgamos á lingua e cultura galega”.

“Destacamos a partida de 5 millóns de euros para un plan para a edición literaria en lingua galega, linguas cooficiais, axudas a tradución de obras en galego e proxección de obras en galego”, asegurou o deputado.

Ademais, Fernán Vello detallou que En Marea solicita para a RAG un tratamento digno para esta institución.

“Pedimos unha partida destinada para a Academia Galega de 716.000 euros, partidas para o cinema galego cun plan de axudas a producións cinematrográficas en lingua galega ou para a recuperación do patrimonio histórico cultural galego”, sinalou.

Pola banda da Sanidade galega, da Igualdade ou da Dependencia, a deputada Ángela Rodriguez denunciou que se queda sen partidas orzamentarias.

“Nas emendas de políticas sociais é fundamental defender as persoas en situación de dependencia. A Lei de dependencia, prestacións de seguridade social para as persoas coidadoras ou un plan nacional de drogas, todo esto foi rexeitado polo Partido Popular”.

En Igualdade, denunciou o desmantelamento do Instituto da Muller e unha falta de interese “moi grave” por parte do PP en políticas de Igualdade, que se demostra na “partida ridícula”.

Para finalizar, a senadora Vanessa Angustia insistiu en que ante o proxecto “lesivo” de Orzamentos que propón o Goberno, En Marea presentou unas emendas “viables, consistentes e con base política e sustentable socialmente” e “froito do compromiso coa xente de Galicia”.

VETO DO GOBERNO

En Marea denunciou este vernes o veto do Goberno e a profunda anormalidade democrática no debate orzamentario.

“É a primeira vez que o PP, xunto cos seus aliados, vetaron propostas políticas de En Marea e o resto do grupos”, denunciou a deputada Yolanda Díaz, presente esta semana na Comisión de Orzamentos.

“O que pasou esta semana no Congreso denota o nerviosismo do Goberno e a súa soidade parlamentar”

Díaz denunciou que o que fixo esta semana o PP e Ciudadanos “non se acomodaba á Lei” polo que “fixemos unha fórmula de transacción co PSOE, non por coincidir nas propostas, senón para salvar o trámite e o debate”.

Os deputados e deputadas de En Marea denunciaron que nos enfrentamos “á imposibilidade de debater democráticamente as emendas presentadas”.

“É escandaloso que as deputadas/os do PP de Galicia en Madrid so sirvan para vetar as nosas emendas aos Orzamentos e iniciativas, non esquezamos tamén o veto á investigación do Alvia ou a transferencia da AP-9”, insistiu a deputada Alexandra Fernández.