Novas

En Marea denuncia que o Goberno manteña o Porto interior de Ferrol a pesar da súa escasa actividade

photo5773959307971374448

Yolanda Díaz sinala que non hai solicitudes de concesión para a ocupación do Porto e as actuacións puntuais que se desenvolven aquí poden trasladarse ao Porto Exterior.

Resposta: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/b07c6ca8-eb44-463f-abdb-6f82fc73917c/92453_Respuesta_PE_MUELLE_CARBONERO_FERROL_PSOE.pdf

Ferrol, 14 de setembro de 2018. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, vén de recibir resposta do Goberno á súa petición de derribo do Porto Interior de Ferrol-San Cibrao para a restitución do espacio que agora ocupa á súa situación anterior.

O Goberno considera que é unha instalación plenamente operativa a día de hoxe e xustifica que non se derrube porque ten suscitado o interese de moitas empresas. Sen embargo, o executivo de Pedro Sánchez non concreta cal é o interese real empresarial que existe e, de feito, tal e como denuncia Yolanda Díaz, ata o de agora non se presentou nin unha soa concesión para a ocupación dos espazos da antiga terminal de Endesa.

Pero o máis sorprendente da xustificación do Goberno para manter estas instalacións é que “puntualmente, tamén foi empregado para algunha descarga de graneis e como peirao de atraque para moi distintas embarcacións: remolcadores, pontonas, buques á espera de reparación, etc. Incluso un buque con corremento de carga realizou neste peirao a descarga e reestiba da mercancía”.

Díaz denuncia que actuacións puntuais, que perfectamente se poden trasladar ao Porto Exterior, sexan a xustificación dun Goberno para non devolver á cidadanía un espazo de dominio público como lugar de ocio. Ademais, tal e como sinala a parlamentaria de En Marea, a eliminación desta infraestructura normalizaría o tránsito de correntes, reducindo a contaminación da Ría de Ferrol.

A deputada lembra que En Marea xa presentou varias iniciativas para o derribo do antigo Porto Carboeiro de Ferrol, así como emendas aos orzamentos para dotar de partidas orzamentarias a esta actuación, e que seguirá insistindo na nececidade de eliminar esta infraestructura para impulsar a recuperación efectiva da zona ocupada polo antigo peirao caboeiro de Ferrol. Restituir as condicións prexistentes da Ría debera ser unha prioridade política tanto para a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, como para a Xunta de Galicia e o Goberno del Estado, destacou Díaz.

Finalmente a deputada sinala que “a recuperación do espazo ocupado polo porto carboeiro xeraría un círculo virtuoso para a economía da zona, segundo o cal se xeraría emprego en tres polos principais. En primeiro lugar, no que ao número de mariscadores se refire, ao aumentar a área de marisqueo; en segundo lugar, ao aumento da navegabilidade e mantemento da Ría; e, finalmente nas actividades propias do levantamento do recheo que ocupa actualmente el porto.