Novas

En Marea denuncia que o Goberno non retirará o nome de Salvador Moreno ao colexio e que “ensalce o seu legado”

565875959c-5658630464-20140225-dt-colegio-salvador-moreno

 

Madrid, 7 de marzo de 2017. O Goberno de Rajoy ensalza a figura de Salvador Moreno e negarase a sacar o seu nome ao Centro de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria “Salvador Moreno” de Pontevedra, adscrito ao Ministerio de Defensa, según anunciou nunha resposta parlamentar ás deputadas Yolanda Díaz e Ángela Rodríguez.

“En relación coa información interesada, sinálase que o Centro de Educación Primaria e Secundaria Obligatoria ‘Salvador Moreno’ recibiu o seu nome pola contribución que esa persoa realizou á Armada en xeral e ao ensino en particular”, sinala na súa resposta o Goberno.

Moreno foi un dos primeiros militares golpistas que axudou a Franco no levantamento fascista de 1936.

O Executivo sinala a construción do centro supuxo “un gran impulso social e económico para a localidade de Marín e, parcialmente, para Pontevedra”.

“Ese legado e servizo á Armada e á sociedade é o que se tivo en conta para dar nome ao devandito centro, sen que de ningún xeito supoña iso ningunha forma de exaltación da sublevación militar, da Guerra Civil, nin da represión da Ditadura”, sinala paradóxicamente o Executivo.

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, lamenta que o Executivo de Rajoy siga incumprindo “gravemente” a Lei de Memoria Histórica permitindo que un colexio leve o nome de Moreno, e pregunta “cando ten previsto o Goberno deixar de desobedecer esa norma e comezar a cumprila”.

Download (PDF, 110KB)