Novas

En Marea denuncia que o Goberno volve denegar as demandas da cidadanía da Coruña e Ferrolterra nos Orzamentos

1d2cea2d-fc02-4aaf-ae95-b3e97a5f970c

“A comarca de Ferrolterra volver ser, un ano máis, unha das grandes sacrificadas e esquecidas polos Orzamentos do Estado, o que prevé un horizonte con escasas posibilidades de futuro”, afirmou Yolanda Díaz.

“A Ría do Burgo segue sen recibir a dotación orzamentaria suficiente para o seu saneamento”, destacou o deputado Antón Gómez-Reino.

Madrid, 3 abril de 2017. Os deputado de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, criticaron este martes duramente o plantexamento dos orzamentos do Estado para a comarca de Ferrolterra e as cidades da Coruña e Santiago, dado que se esquecen de proxectos importantes para a cidadanía.

“Unha das cuestións que máis nos indigna é a escasa consignación en 2018 para o saneamento da Ría do Burgo con tan só un millón de euros, é un escándalo. A estafa das promesas incumpridas”, denunciou o deputado Gómez-Reino.

O proxecto inicial de dragado da ría prevía que este afectase a case un millón de metros cadrados, tivese un custo de licitación de 46,3 millóns de euros e un prazo de execución de 21 meses. As obras realizaríanse en tres fases e, segundo as previsións iniciais, comezarían no 2017, aínda que nos orzamentos non contemplan os custos para a súa realización completa.

Para a Ría do Burgo, está orzamentado un millón de euros, igual que se fixo o pasado ano e tamén no ano 2016, partidas que finalmente non se executaron e que non serven para nada. “Esta dotación orzamentaria é a todas luces insuficiente para este proxecto”.

Outra das grandes obras entorpecidas na cidade da Coruña é a ampliación da Avenida Alfonso Molina, na que se orzamentan un total de 10 millóns entre 2017 e 2021, aínda que para este ano só se contemplan 3 millóns de investimento. “O sorprendente é que na Lei de 2017 aparecía un orzamento total de 12,5 millóns de euros para esta obra, e que aínda non se executou a partida aprobada o ano pasado de 2,5 millóns. Prevense inversións para Alfonso Molina pero o Goberno volta aprazar para anos vindeiros as dotacións máis importantes”, sinalou o deputado.

Respecto ao Porto exterior da Coruña, En Marea critica que nos Orzamentos para 2018 non aparezca partida orzamentaria para a conexión ferroviaria desta infraestructura coa cidade de A Coruña, unha actuación que debería estar rematada no ano 2017 e que non ten visos de iniciarse nos vindeiros meses.

O Goberno dálle ás costas ás demandas de Ferrolterra

Pola súa banda, a deputada no Congreso, Yolanda Díaz, valorou as partidas presentes na Lei de Orzamentos do Estado 2018 para Ferrolterra, sinalando que “de novo o Goberno do Partido Popular esquécese da nosa comarca na súa previsión de investimentos para este ano, a pesar de que levan varios anos recoñecendo nas memorias dos orzamentos que esta zona é unha das máis agredidas pola reindustrialización e precisaba de especial apoio”.

O apoio que ofrece un ano máis o Estado é a través de programas de apoio financeiro ao investimento industrial, a través de préstamos, en convocatorias que están a quedar desertas.

Díaz lembra, a este respecto, que xa en decembro cando se reuniu coa Secretaria Xeral de Industria, Begoña Cristeto, plantexou a problemática real de Ferrol a este respecto, e invitou á representante do Executivo central a organizar unha xornada de traballo co sector industrial na comarca, acto ao que a Secretaria Xeral se comprometeu a facer en xaneiro e que a comezos de abril seguimos sen ter noticias do mesmo.

“Non só lle dan as costas á cidadanía de Ferrolterra, senón que se atreven a facer promesas que nunca cumpren. Só se lle pedía que escoitaran á cidadanía para ver se era viable outro xeito de proceder, pero este Goberno hai tempo que decidiu non apoiar o sector industrial como un sector estratéxico”, sentenciou a deputada de En Marea.

Díaz manifestou así que a comarca de Ferrolterra “volver ser, un ano máis, unha das grandes sacrificadas e esquecidas polos Orzamentos do Estado, o que prevé un horizonte con escasas posibilidades de futuro”.

A parlamentar tamén destacou “a nova tomadura de pelo do Goberno en relación a outra das grandes demandas da comarca, como é a modernización da liña ferroviaria entre A Coruña e Ferrol”.

“Para o ano 2018 só inclúen a partida de 200.000 euros para a variante de Betanzos, pero non destinan nin un euro máis para esta infraestructura básica para a conexión entre dúas das principais cidades galegas (unha actuación estimada en 5 millóns de euros), cando, pola contra, o 47% do total do orzamento destinado a Galicia (924 millóns de euros) é para as obras do AVE”.

Outras das partidas que sorprenden neste orzamento é a destinada á obra de remodelación do Talud As Pías, xa que o Goberno consigna 1 millón de euros para unha obra que xa tiña outra partida consignada o ano pasado de 2.250.000 euros que aínda non se executou.

A única boa nova dos Orzamentos Xerais do Estado é a partida consignada para a construción da fragatas F110, que poden revitalizar levemente a actividade industrial en Navantia.

“Pero non só a industrilización da comarca quedou no esquecemento do Goberno do PP, tampouco existen partidas orzamentarias no eido cultural destinadas á rehabilitación e restauración dos bens de interese cultural existentes na nosa comarca, como pode ser as obras de mantemento necesarias no Castelo de San Felipe en Ferrol ou a restauración dos bens pictóricos presentes no Mosteiro de Santa Catalina en Ares, actuacións que si irán consignadas nas emendas que En Marea presentará á Lei Xeral de Orzamentos do Estado para 2018 nas vindeiras semanas”.

Para finalizar, Díaz denunciou que o Goberno segue sen prestarlle atención ao eido social, e non destina nin un só euro para axudas especifícas tanto á rehabilitación como á reurbanización do barrio de Recimil, toda vez que éste xa está declarado como ARI (área de rehabilitación integral).