Novas

En Marea denuncia que o PP deu as costas á cidadanía de Ferrol ata o último día

photo_2018-03-07_16-11-50

O Executivo enviou a resposta á deputada Yolanda Díaz sobre o acondicionamento do Edificio de Aduanas cando se debatía a Moción de Censura.


Madrid, 7 de junio de 2018.
A deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, denunciou este xoves a falta de respecto que o Partido Popular tivo sempre polas institucións, facendo caso omiso dos acordos parlamentarios na Cámara Baixa, e gobernando para os de sempre, para os seus amigos, dando as costas ás demandas e intereses da cidadanía.

O día que se debatía a moción de censura no Congreso, cun Goberno ausente no hemiciclo, o Executivo enviou resposta escrita á deputada de En Marea relativa á cesión gratuita do inmoble de aduanas en Ferrol.

A deputada preguntara o pasado mes de febreiro polo cumprimento da Proposición non de Lei aprobada na Comisión de Interior o 27de setembro de 2017, que instaba ao Goberno a levar a cabo as obras de mantemento e acondicionamento necesarias do inmoble de Aduanas, previo ao inicio dos trámites de cesión gratuita do edificio ao Concello.

Nesta última resposta remitida polo Goberno do PP á deputada de En Marea, o executivo afirmaba que “non se contemplaba levar a cabo obras de mantemento ou acondicionamento no referido inmoble, dado que o fin que se perseguía era a enaxenación mediante venta ou permuta”, e polo tanto tamén negaban a posibilidade dunha cesión gratuita. A deputada de En Marea denuncia o estado deplorable no que o Goberno do Partido Popular deixa este inmoble, polo que todo apunta a que estaban esperando a decretar o seu estado de ruina.

Yolanda Díaz lembrou que actualmente este edificio se atopa desafectado e nun estado de deterioro e falla de conservación moi importante, polo que En Marea seguirá insistindo, agora xa ao novo Executivo, sobre a necesidade urxente das obras de acondicionamento dun edificio ubicado nun lugar singular, catalogado con nivel de protección 2. Así mesmo, a deputada destacou que a cesión respondería a unha reclamación da cidadanía e dos distintos gobernos que pasaron polo Concello, que plantexaron usos diversos para esta instalación, no caso de que pasase a mans municipais.

 

Download (PDF, 31KB)