Novas

En Marea denuncia que as políticas do Goberno seguen vulnerando os dereitos laborais das mulleres

photo5976531444782180821


Madrid, 11 de outubro de 2017. A deputada e voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, defendeu este mércores no pleno do Congreso a interpelación urxente do grupo sobre a igualdade retributiva real e efectiva entre homes e mulleres ante a fenda salarial existente.

“Non hai un marco lexislativo que ampare as mulleres ante as desigualdades salariais nin unha definición da fenda salarial”, denunciou a deputada.

Díaz resaltou que a fenda salarial “é moi profunda e chega ata o 24%, incluso nas profesións onde as mulleres están sobrerrepresentadas” e que a fenda “segue crecendo polas políticas de austeridade que o Goberno aplica contra as mulleres”.

Ante esta situación, na que “case 2 millónes de mulleres asalariades son pobres, cobran o 50% do SMI”, En Marea insta á ministra “a erradicar a desigualdade nas mulleres”.

“Pedímoslle, sr. Báñez, que cambie as súas políticas e deixen de ser un gabinete androcéntrico que non fai máis que consolidar o machismo e a desigualdade”, asegurou a deputada, engadindo que a ministra “ten nestes momentos o poder de cambiar a vida de moitas mulleres, ten a oportunidade de revertir o seu modelo laboral no que deixa ás mulleres nun segundo plano”.

En Marea está ultimando a redacción dunha Proposición de Lei sobre a igualdade retirbutiva que rexistrará no Congreso nos próximos días.